jueves, 28 de noviembre de 2013

Lasaña de Bacallau, Grelos e Langostinos


            


        ¿Cansados de tomar sempre a lasaña de carne?, Una lasaña e a mellor maneira para probar cousas novas na cociña. Téñoa usado dende polbo ata boletus con queixo de cabra. A cociña non ten limites na creatividade, os limites  poñédelos vos. Recoméndovos ser un pouco atrevidos coa tixola na man, sorprenderedes ós vosos convidados.

Ingredientes:

·        12 placas de lasaña
·        500 gr. de bacallau desalgado
·        1 atado de grelos
·        12 lagostinos
·        100 ml. aceite de oliva
·        1 cebola
·        ½ pemento vermello.
·        2 cenorias
·        2 dentes de allo
·        100 ml. de salsa de tomate
·        100 gr. de queixo relado
·        Sal
·        Pementa branca

O primeiro que facemos e limpar os grelos e cocelos durante dez minutos en abundante auga con sal. Reservamos.

Ingredientes para a bechamel:

     ·   ½ litro de leite

·                    ·30 gr. manteiga
·                    ·30 gr. fariña
·                    ·Sal, pementa branca e noz moscada

Nun cazo aparte facemos a bechamel, fundimos a manteiga e vamos engadindo a manteiga sen deixar de remexer coa axuda dun batedor. Imos engadindo a leite quentada previamente ós poucos, salpimentamos e botámoslle a noz moscada ó gusto. Reservamos.


Nun cazo poñemos o aceite de oliva coa cebola, pemento, cenoria picados finamente. Refogar co lume baixo removendo para que se fagan por igual e engadimos o bacallau picado en anacos non moi grandes, xunto cos lagostinos previamente pelados e picados. Por ultimo engadimos os grelos picados e terminamos con un chorriño de salsa de tomate e coa metade da bechamel feita anteriormente, salpimentamos e deixamos cocer durante 5 minutos.

Collemos una placa de forno e no fondo poñemos una cullerada de tomate frito e enriba poñemos una placa de lasaña cocida previamente, e vamos repartindo o noso recheo de bacallau sobre as placas. Poñemos tres placas por lasaña e dous de recheo. A parte de enriba cubrímola coa salsa bechamel e queixo relado.
Metemos no forno a 190ºC durante uns 15 minutos ata que quede ben gratinado o queixo.


Espero que vos guste a lasaña e, xa sabedes, podedes experimentar  seguindo estes pasos xogando con distintos ingredientes.

                                                                   Diego Cordeiro


martes, 19 de noviembre de 2013

Pastas de té (corte)





¿Tes invitados a tomalo café? , sorpréndeos con unas pastas caseiras moi sinxelas de facer e con ingredientes que todos temos na casa.
Despois de que algúns de vos pedísedes algún receita de galletas, pastas, cookies ou similar, decidinme a facer estas pastas de corte.


INGREDIENTES:
  • ·         300 gr. manteiga
  • ·         200 gr. azucre
  • ·         500 gr. fariña
  • ·         4 xemas de ovo
  • ·         Aroma de vainilla
  • ·         Sal

     Axudámonos dun recipiente para mesturar todos ingredientes, importante que a manteiga este a temperatura ambiente para facilitarnos a mestura e que sexa máis sinxelo unilos ingredientes.
Como vedes non hai un orde para ir engadindo os ingredientes, simplemente votalos xuntos e mesturar. Una vez este formada una masa uniforme amasamos enerxicamente sobre un mesado.
Unha vez chegados a este punto podemos alterar a nosa masa o noso gusto, votarlle a una parte virutas de chocolate, ou cacao, noces picadas, …  depende da creatividade  e gusto de cada persoa.
Hai varias formas de facelas, unha delas é estirar a masa e cortar cun cortapastas e outra e facer roliños, meter na neveira e cando teña consistencia cortar con un coitelo co grosor que prefiramos.
Poñemos sobre una placa de forno, pintamos con ovo e introducimos o forno a 190ºC durante un tempo aproximado de 8 minutos, ollo o tempo pode variar en función do forno.



Quero engadir que a masa podemos gardala na neveira durante una semana, quitala e facela sen ningún problema. Tamén podemos conxelala xusto despois de facela, deste xeito, se nos pasamos facendo masa podemos gardala para outra ocasión.




Espero que vos guste e que fagades as delicias dos vosos convidados con esta receita.


Diego Cordeiro

 Receita Pastas de Té Corte


jueves, 14 de noviembre de 2013

Risotto "San Martiño"


















Esta semana foi San Martiño e como ben sabedes por “San Martiño trompos o camiño” e “mata o teu porquiño”, eu quixen facer referencia o segundo refrán popular e resaltar un dos mellores manxares que hai en Galicia que é o porco. Quixen adaptalo a un dos meus pratos favoritos que e o risotto.
Ingredentes para 4 persoas:
                          ·         100  gr. de cacheira de porco en salazón.
·         100  gr. de lacón de porco en salazón.
·         1 chourizo.
·         325 gr. de arroz (Arborio).
·         1 ceboliña.
·         1 dente de allo.
·         50 ml. de aceite de oliva.
·         1 dl. de nata.
·         100 gr. queixo parmesano.
·         1.5 l. de caldo de cocción da cacheira.
·         Perexil.
O dia anterior poñemos a cacheira e o lacón nun recipiente con abundante auga para que perda o salazón, cambiamos a auga dúas veces.
Nunha tarteira con auga poñemos a cocer durante 40 minutos a cacheira o lacón e o chourizo. Reservamos o caldo da cocción para mollar despois o noso risotto.
Aparte nun cazo botamos no fondo aceite de oliva e pochamos un dente de allo e unha ceboliña picadas finamente. Unha vez pochado engadimos o arroz e a cacheira, o lacón e o chourizo picados. Poñemos o lume baixiño e vamos engadindo o caldo pouco a pouco sen deixar de remover, así durante 20 minutos. A proporción de caldo para mollar un risotto e por un cazo de arroz catro de caldo, pero pode variar según arroz, así que recomendo ser flexible según o tipo de arroz.
Unha vez que o arroz este “o dente” apartamos do lume e terminamos con un chorriño de nata que lle dará cremosidade e queixo parmesano relado que potenciará o sabor do noso risotto.

Gozade do prato de hoxe, xa que é unha combinación que non vos decepcionara.


Diego Cordeiro





miércoles, 6 de noviembre de 2013

Cupcakes de castaña


     Que mellor maneira de estrear o blog que facendo un dos doces de máis fama nos últimos tempos, os cupcakes. Quixen adaptalo  á nosa terra e á época do ano, así que optei por facelos de castañas. 

             Para facer a base empregaremos os seguintes ingredientes:


·         90gr. manteiga a temperatura ambiente.
·         150gr. de azucre.
·         2 ovos
·         150gr. de fariña
·         1 culleriña de levadura royal.
·         90 ml. de leite.
·         Aroma de vainilla
·         Un puñado de chips de chocolate.

     Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos de un en un a velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo ata que sexa homoxéneo.

     Despois de engadimos o leite e  rematamos co resto da fariña e chips de chocolate. 

     Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as cápsulas para botar a masa. Enchemos ata a metade as cápsulas e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.




Para o recheo empregaremos os seguintes ingredientes:

·         150 gr de castañas.
·         150 ml. de leite.
·         40 gr. de azucre.

Poñer todos os ingredientes nun cazo e  cocer durante 30 minutos. Trituramos e reservamos.

Unha vez frías as bases coa axuda dun descorazonador de mazás baleiramos o interior e enchémolo coa metade da mestura anterior.


Para a crema empregaremos os seguintes ingredientes:

·         100 gr. de manteiga.
·         100 gr. de azucre glass.
·         100gr. da crema de castañas que reservamos do recheo.

Nun recipiente batemos a manteiga co azucre  ata que quede dunha cor branquecina e incorporamos a crema de castaña.

Coa  manga pasteleira decoramos as bases facendo unha roseta, terminando con un marron glace.

Este é o resultado.




Espero que vos guste a receita e que vos animedes a facela na casa e sacar o pequeno cociñeiro que levades dentro.

Un saúdo, 

Diego Cordeiro.