viernes, 20 de diciembre de 2013

Bavarois de Framboesa

            
          Unha bavarois e unha sobremesa moi sinxela de facer, neste caso esta composto dunha crema inglesa, nata montada e o ingrediente que lle queiramos engadir, e optei por una froita con moitos matices no paladar e que sempre queda moi ben en calquera sobremesa, a framboesa.



 Ingredientes para a crema Inglesa:
  • ·         300 ml. De leite
  • ·         100 gr. de azucre
  • ·         3 xemas de ovo

       Nun cazo poñemos a leite o lume. Aparte noutro cazo mesturamos o azucre cos ovos e una vez férvida a leite engadímoslla a esta mestura sen deixar de remexer e poñemos o lume durante uns 2 minutos. Ten que quedar una crema sen grumos, lixeira e homoxénea. Reservamos.

  Ingredientes :
  • ·         500 ml. Nata
  • ·         50 gr. de azucre
  • ·         400 gr. de Framboesa
  • ·         15 gr. de xelatina en laminas
  • ·         1 biscoito base





     Hidratamos a xelatina en auga e engadímoslla a crema inglesa anterior, aproveitando que aínda esta quente para que se disolva sen ningún problema.
     Montamos a nata co azucre e reservamos.
     Aparte trituramos ou picamos levemente a framboesa para que se noten lixeiramente os trociños.
    O ultimo paso e ir xuntando con coidado a crema inglesa xa atemperada coa nata, e a framboesa. Sempre removendo con moito coidado para que non se nos veña abaixo a nata montada. Vertemos sobre un molde con un biscoito na base e introducimos na neveira.


       Unha vez que xa teña corpo a nosa bavarois, vamos facerlle una pequena decoración para a parte superior. Collemos un puñado de framboesa con un pouco de azucre e nun cazo poñemos para facer una confitura moi lixeira coa cal votaremos por riba da bavarois, que lle dará un toque de cor e elegancia a nosa sobremesa.

                                                                       Diego Cordeiro
 Bavarois de Framboesa


jueves, 12 de diciembre de 2013

Croquetas de Cacheira





                Esta semana vou propoñervos facer dun manxar moi galego como é a cacheira, nun bocado máis elegante para os invitados que teñades na casa. As croquetas de cacheira sen dubida teñen un sabor único e intenso e  moito máis delicado no paladar, e non dan mais traballo que calquera outra receita de croquetas.
            
    Ingredientes:
·        750 ml. de leite
·        400 gr. de fariña
·        300 gr. de manteiga
·        150 gr. de cebola
·        250 ml. de caldo de cacheira
·        250 gr. de cacheira de porco salgada
·        Sal
·        Noz moscada
·        Pementa branca
·        2 ovos
·        Pan Relado

O primeiro que facemos é poñer a desalgar a cacheira nun recipiente cheo de auga dende o dia anterior. Cambiamos un par de veces a auga durante o dia.
Poñemos nunha tarteira a cacheira con auga a cocer durante una hora e reservamos a cacheira e 250 cl. do caldo da cocción. Este caldo potenciara o sabor da cacheira nas nosas croquetas.
Nun cazo botamos a manteiga e poñemos o lume para que se derreta e nela pochamos a lume frouxa a cebola picada moi fina. Unha vez pochada a cebola engadimos a fariña e coa axuda dunha barilla remexemos ata conseguir desfacer todos os grumos.



O seguinte paso e ir engadindo o caldo gardado anteriormente e removemos coa axuda dunha culler de madeira, una vez que incorporado todo o liquido seguimos engadindo o leite xa quentado previamente nun cazo aparte. Por ultimo engadimos a cacheira picada en anacos o máis pequenos posible e rectificamos de sal pementa e noz moscada. Con o lume o mínimo seguimos removendo ata que a masa de croquetas ten una consistencia homoxénea e despegase do fondo.
Votámola nunha bandexa para que enfrie e gardámola na neveira polo menos unas 5 horas ata que este ben fría para poder traballar con ela sen queimarnos.
Facemos roliños coa masa e vamos cortando co tamaño que queiramos e dámoslle forma, pasamos por ovo e pan rallado. Hai quen as pasa por fariña eu non o recomendo, a fariña en cru nunca vos vai beneficiar a resgos xerais, se podemos evitala mellor e un consello que vos dou.
Non queda mais que freilas en aceite ben quente e a disfrutalas. Podedes conxelalas sen ningún problema, con que as quitedes 4 horas antes de ir a freilas bastara.

                                                                                    Diego Cordeiro.

 Croquetas de Cacheira





martes, 3 de diciembre de 2013

MASA BOLLERIA FRITA (DONUTS)



A receita de esta semana estou seguro que vos vai gustar  e  non teñen nada que envexarlle ós Donutscomprados. Esta receita é sinxela de facer, so fai falla un pouco de tempo de espera para que a masa fermente.
Para a esponxa:
  • 200 gr. de Fariña de forza
  • 40 gr. de levedo
  • 120 ml. Auga

Nun bol introducimos todos os ingredientes e amasamos, una vez conseguida a nosa masa introducímola nun recipiente con auga quente. Deixámola o tempo necesario ata que dobre o seu volume.
Ingredientes para a masa:
  •  400 gr. fariña de forza
  •  400 gr. fariña frouxa
  • 120 gr. de azucre
  • 15 gr. sal
  •  100 gr. de manteiga
  •  3 ovos
  •  150 ml. De auga
  • 100 ml. De leite
  • Noz moscada
  • Aroma de laranxa ou ralladura.

      Facemos un volcán coa fariña e o azucre e no seu interior introducimos o resto de ingredientes e a esponxa feita anteriormente ben escorrida da auga. Amasamos durante un par de minutos ata que conseguimos unha masa homoxénea e deixamos u durante 5 minutos en bloque.
Estiramos a masa ata un 1 cm. De grosor ou superior dependendo o grosor que nos interese conseguir e o tamaño do rosco (donuts), e cortamos con un cortapastas do tamaño escollido e repetimos con outro cortapastas de menor tamaño para o burato do interior, podemos facelo sen burato por si os queremos para reencher dunha crema ( opción máis que recomendable para os máis lambeteiros). Deixamos Fermentar nun lugar cunha temperatura sempre superior a 30º C durante o tempo necesario ata que dobre o seu volume.
Friximos en aceite vexetal a uns 180ºC os nosos roscos, aproximadamente uns 50 segundos por cada lado, retiramos do aceite e poñémolos sobre papel absorbente.
Acto seguido os podemos decorar da maneira que máis nos guste, con chocolate ou da forma orixinal o glaseado.
Para o glaseado:
  • 1 Clara de ovo
  • 200 gr. azucre glass 
  •  Unas gotas de limón

Nun recipiente  mesturamos a clara de ovo, as gotas de limón e vamos engadindo o azucre ata que quede  homoxéneo e sen grumo, ten que quedar un pouco liquida pero con algo de consistencia para que os nosos roscos queden ben glaseados. Podemos votarlle distintos tipos de colorantes para darlle unha cor máis chamativa para os peques da casa. Pasámolos polas dúas caras e poñémolos sobre unha reixa para que escorra o excedente de glasa.

Gozade da receita e seguro que sorprendedes con un almorzo que a todos nos gusta pero coa diferenza que son totalmente sans e feitos con ingredientes naturais que todos temos na casa, xa que os comprados están bos pero deus sabe o que lle votan.