jueves, 28 de agosto de 2014

Sorbete de Albariño Sobre Sopa Tibia de Mirabeles

      Hoxe quixen facer un postre de verán pero con un guiño ó emblema da terra que me acolle. O albariño é unha froita de tempada un pouco descoñecida como son os mirabeles. Esta receita está impresa no libro “365 días, 365 recetas” para o cal aportei varias receitas con produtos típicos da nosa terra.

Ingredientes para o sorbete:
         ·        500 ml. de viño Albariño D.O. Rias Baixas
         ·        50 gr. azucre
         ·        25 gr. glucosa
         ·        25 gr. estabilizante para sorbetes
         ·        Reladura de lima


     Quentamos o viño a lume moderado coa glucosa e removemos para que se disolva a glucosa. Engadimos o estabilizante para sorbetes co azucre e a reladura de lima, que lle vai a aportar un toque de frescor. A función do estabilizante para sorbetes é que o sorbete unha vez conxelado non se cristalice e non se separen os ingredientes, xa que, sempre tende a ir para o fondo do recipiente os azucres.
    Retiramos do lume xusto antes de que comece a ferver. Deixamos macerar oito horas no frío e pasamos pola xeadora.

Ingredientes para a sopa de mirabeles:

·        300 gr. de mirabeles
·        75 gr. azucre
·        75 gr. auga
·        2 follas de menta

     Comezamos limpando os mirabeles da carabuña e poñemos nun cazo co resto de ingredientes. Poñemos a lume baixo durante 45 minutos ata que quede unha confitura con consistencia. Pasamos pola túrmix e colamos para retirar os restos e impurezas e quede unha sopa suave de textura.
   Dispoñemos a base da sopa tibia de mirabeles nun prato fondo e enriba dúas culleradas de sorbete de albariño.

     Este é un doce con dúas texturas moi marcadas e diferenciadas, que seguro que vos sorprenderán.
                                                                                         Diego Cordeiro.

miércoles, 20 de agosto de 2014

Merluza Encostrada en Pipas Sobre Sopa de Espárragos Verdes e Longueiróns do Hio

     Sempre busco darlle un toque diferente ós meus pratos, nesta ocasión optei por empregar pipas para cubrir un lombo de merluza e darlle un toque crocante a un prato, que dende logo sorprende.
     Esta receita foi incluída no libro de receitas “365 días, 365 recetas” no que colaborei con varias receitas.


Ingredientes para 4 persoas:

        ·        800 gr. Merluza/pescada limpa
        ·        50 gr. pipas peladas
        ·        12 longueiróns do Hio
        ·        ½ dente de allo
        ·        3 dl. aceite de oliva
        ·        12 esparragos trigueiros
        ·        1 ceboliña
        ·        Sal e pementa branca

     Cortamos os lombos de merluza, sazonamos lixeiramente e pasamos polas pipas. De seguido dámoslle un golpe de fritura para que as pipas se queden adheridas por completo a merluza, so é marcalo xa que o remataremos logo no forno.
    A parte limpamos os esparragos verdes e separamos as puntas que coceremos para logo decorar o prato. Cos tallos faremos a sopa xunto cun dente de allo e unha ceboliña picadas, que poñemos a dourar nun cazo con un chorriño de aceite de oliva.


       Unha vez dourados lixeiramente cubrimos con auga, rectificamos de sal e deixamos cocer. Unha vez cocidos os tallos pasamos pola túrmix e reservamos.

    Para rematar introducimos a merluza no forno a 185ºC durante 7 minutos e empratamos poñendo a sopa de esparragos trigueiros no fondo, colocamos enriba a merluza e acompañamos coas puntas de esparragos e os longueiróns pasados pola prancha.
                                                                                    Diego Cordeiro.
                                        

domingo, 10 de agosto de 2014

Cupcakes de Cookies & Fresas

Dí a xente que os probou que é a mellor receita de cupcakes que fixen ata a data. Que se compaxinaban moi ben os sabores e que o resultado foi delicioso. A verdade é que cando me decidín por facer o frosting de fresas non pensaba que fora a ser así. Espero que vos animedes a facelos, non vos defraudará o resultado.


Ingredientes para os 12 biscoitos de cookies:

        ·        100 gr. manteiga a temperatura ambiente.
        ·        150 gr. de azucre.
        ·        3 ovos
        ·        150 gr. de fariña
        ·        1 culleriña de levedo royal.
        ·        90 ml. de leite.
        ·        Aroma de vainilla
        ·        Un puñado de chips de chocolate.

Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta, ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos de un en un a velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo ata que sexa homoxéneo.
Despois de engadimos o leite e  rematamos co resto da fariña e chips de chocolate.
            Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
            Enchemos ata a metade as casullas e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.


Ingredientes para o frosting de fresas:

        ·        150 gr. manteiga
        ·        150 gr. queixo philadelphia
        ·        200 gr. icing sugar ( ou azucre glass)
        ·        100 gr. Sirope de fresas

Nun recipiente batemos a conciencia a manteiga a temperatura ambiente xunto co icing sugar (eu utilicei azucre glass), ata que quede una textura moi cremosa e totalmente branca. Chegados a ese punto engadimos o queixo philadelphia e seguimos batendo ata conseguir unha crema con consistencia e moi suave. Terminamos incorporando o sirope de fresas, o cal podemos facelo nos na casa ou compralo o resultado será similar, e terminamos batendo ata que queden unha crema de cor rosa e moi brillante.


O seguinte será proceder o montaxe dos cupcakes, comezamos facendo un burato no interior do biscoito pero moito máis pequeño do habitual o cal o enchemos de sirope de fresas para que empape lixeiramente o biscoito dende o interior. Coa axuda dunha manga pasteleira facemos unha roseta na parte superior co frosting de fresas, rematamos con un pouco de sirope e coroamos o cupcake con media fresa.
Como podedes ver nas fotos quedaron fermosos e polo que din inda mellor de sabor.
                                                                                                                  Diego Cordeiro.
 Cupcakes Cookies & Fresas

sábado, 2 de agosto de 2014

Cupcakes de Mazá e Mel

Sego a  ampliar o meu receitario de cupcakes, nesta ocasión fixen os biscoitos de mazá reineta, xa que considero que aporta un sabor único e aguanta máis a cocción para calquera receita sexa salgada ou doce. Tamén os reenchín dunha compota da mesma mazá e o frosting  fíxeno con un toque de mel de Viñó, que me deu miña madriña de colleita propia, que ten un sabor incrible. Disque o resultado foi brutal, leveillos como premio do sorteo para María e felicitoume.


Ingredientes para 12 biscoitos:
        ·        150 gr. Manteiga
        ·        120 gr. azucre  moreno
        ·        2 ovos
        ·        200 gr. fariña
        ·        50 ml. Nata
        ·        50 ml. Zume de mazá
        ·        1 culleriña de levedo Royal
        ·        1 mazá reineta

Poñemos a manteiga, previamente apartada do frío para que este branda, nun recipiente xunto co azucre moreno e batemos ata que quede completamente integrados entre si. Engadimos un ovo batemos, incorporamos o outro e seguimos batendo ata que se incorpore e terminamos cos líquidos a nata e máis o zume de mazá e repetimos o mesmo proceso.
Para rematar incorporamos a fariña e o levedo previamente peneiradas a mestura anterior e remexemos con coidado ata que non queden grumos. E xusto antes de introducir nas casullas a mestura engadímoslle a mazá reineta pelada e cortada en anacos pequenos.
Repartimos a mestura en 12 casullas nunha bandexa de forno de cupacakes e introducimos durante 20 minutos a 180 ºC.

Ingredientes para o recheo:
       ·        2 mazás reineta
       ·        100 gr. azucre
       ·        25 gr. manteiga
       ·        ½ culleriña de canela moída

Pelamos as mazás e as cortamos en cadradiños pequenos as poñemos nun cazo o lume xunto coa manteiga e salteamos lixeiramente. De seguido botámoslle o azucre e a canela moída remexemos e deixamos cocer un 25 minutos a lume moderado ata que quede a mazá brandiña.

Ingredientes para o frosting de queixo e mel:
       ·        150 gr. manteiga
       ·        150 gr. queixo philadelphia
       ·        200 gr. icing sugar ( ou azucre glass)
       ·        150 gr. Mel

Nun recipiente batemos a conciencia a manteiga a temperatura ambiente xunto co icing sugar, eu utilicei azucre glass, ata que quede una textura moi cremosa e totalmente branca. Chegados a ese punto engadimos o queixo philadelphia e a mel e seguimos batendo ata conseguir unha crema con consistencia e moi suave.
Agora so queda proceder o montaxe dos cupcakes, comezamos baleirando o centro dos biscoitos coa axuda dun coitelo ou dun descoranozador de mazás. Ese oco é o que vamos a encher coa compota de mazá. E na parte superior cubrimos cunha roseta do frosting de queixo e mel, eu remateinos cun azucre de mazá de cor verde que lle dá un toque de cor.

Espero que vos guste a combinación de sabores que escollín para esta ocasión.
                                                                                     Diego Cordeiro.
 Cupcakes de mazá e mel