lunes, 17 de febrero de 2014

BISCOITO DE FRAMBOESA E MAZÁ ÁCIDA


A quen non lle gustan os muffins e as framboesas? Pois un día púxenme mans a obra a facer uns muffins de framboesa e mazá para engadir o meu receitario, xa que, de momento non engadín ningunha versión deste doce. Resultou que non tiña casullas de muffins, e decidinme por facer un tipo de biscoito botando toda a mestura nun molde, e o resultado foi máis que bo.

Ingredientes:



  • ·       4 ovos
  • ·       400 gr. azucre
  • ·       500 gr. fariña
  • ·       200 gr. manteiga
  • ·       240 gr. leite
  • ·       200 gr. framboesa
  • ·       ½ mazá Granny Smith
  • ·       2 culleradas de levedo Royal
  • ·       Aroma de vainilla


Nun bol batemos a manteiga co azucre ata conseguir que se branquee e quede completamente integrados.
O seguinte paso é ir engadindo os ovos un a un, batendo cada vez que engadimos un, para que o biscoito quede máis esponxoso.
Por último, incorporamos o leite e o aroma de vainilla e mesturámolo con coidado, repetimos a mesma operación coa fariña e o levedo.
Botamos a mestura sobre un recipiente de forno previamente cuberto con manteiga e fariña para que sexa máis sinxelo desmoldalo. Sobre a superficie engadimos as framboesas e a mazá pelada e picada en dados moi pequenos.
Introducimos ó forno, previamente quente a 180ºC durante 30 minutos, e posible que dependendo do forno sexa necesario darlle 10 minutos máis de cocción.



Espero que vos guste este biscoito cheo de sabor e con toques doces e ácidos, avísovos que cada bocado que conteña una framboesa e coma una explosión na boca. Sen dúbida o resultado é impresionante.
                                                                             DIEGO CORDEIRO.

miércoles, 12 de febrero de 2014

SALTEADO DE PORCO CON AMENDOAS EN SALSA DE SOIA

      Coma sempre, sigo buscando as influencias de oriente para preparar receitas sinxelas nas que se resalten máis os sabores. Nesta receita optei por un salteado de raxo de porco con verduras frescas e améndoas, que lle aportan un toque fresco e crocante.

Ingredientes para 4 persoas:
  • ·       1 kg de porco (raxo)
  • ·       1 cebola
  • ·       1 pemento
  • ·       150 gr. champiñóns
  • ·       100 gr. améndoas
  • ·       3 dentes de allo
  • ·       50 cl. salsa de soia
  • ·       50 cl. aceite de oliva
  • ·       Azucre moreno
  • ·       200 gr. de fideos chinos
  • ·       Pementa
  • ·       Xenxibre

      O primeiro paso é cortalo raxo de porco en dados máis ou menos iguais e engadimos pementa, un belisco de xenxibre en po e azucre moreno. O xenxibre e o azucre moreno daranlle un toque fresco e daranlle un lixeiro caramelizado cando o salteemos. Partimos as verduras tamén en dados máis ben grandes.

    
    Nun wok con aceite de oliva ben quente botamos o porco doramos lixeiramente e engadimos as verduras. Removemos enerxicamente para que se cociñen por igual.
     Por ultimo engadimos as améndoas enteiras ou picadas como máis vos gusten, eu optei por améndoas en anacos. Terminamos coa salsa de soia, baixamos o lume e deixamos cocer durante uns 5 minutos.

     Empratamos e acompañamos con uns fideos chinos, que poderiamos saltear, previamente cocidos, coa carne.
                                                                            DIEGO CORDEIRO.
                                            


jueves, 6 de febrero de 2014

CUPCAKES DE MELOCOTÓNS


O día que descubrín o mundo dos cupcakes dinme conta das grandes posibilidades e opcións que dan para desenrolar calquera idea que se me ocorra, dende doces a salgados. Pronto farei algunha creación salgada adaptada a cociña da nosa terra. Resulta que, a miña froita preferida son os melocotóns, e pensei introducila nun cupcake, e este é o resultado.


Ingredientes para a base:
·        120 gr. manteiga
·        180 gr. azucre
·        3 ovos
·        230 gr. fariña
·        2 culleriñas de royal
·        120 ml. Leite
·        1 culleriña de esencia de vainilla
·        4 metades de melocotón en xarope (ou se están de tempada 2 pezas)


Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos un a un batendo a velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo, ata que sexa homoxéneo.
       Despois de engadimos o leite e  rematamos co resto da fariña.
Por último, cortamos o melocotón en xarope en anaquiños pequenos e mesturamos con moito coidado.
       Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
       Enchemos ata a metade as cápsulas e introducimos a bandexa no forno  durante uns 20 ou 25 minutos.

Ingredientes para o recheo:
·        300 gr.  melocotóns
·        100 gr.  azucre
Cortamos o melocotón en anacos pequenos e poñemos nun cazo xunto co azucre e poñemos o lume ata que o melocotón este brandiño.
Coa a axuda dun descorazoador ou, se non tedes, coa axuda dun coitelo, facemos un buraco no centro do cupcake que vamos a encher coa confitura de melocotón.


Ingredientes para a crema:
·        200 gr. queixo philadelfia
·        50 ml. Nata
·        50 gr. azucre
·        Aroma de flor de azahar
           
          Para a parte superior do biscoito imos preparar unha crema moi suave e deliciosa de queixo. Poñemos os ingredientes nun recipiente e batemos ata conseguir que teña consistencia.

            Coa axuda dunha manga pasteleira, decoramos as casullas cunha roseta da crema de queixo. Na parte superior decoramos con un anaco de melocotón, que será a guinda para un cupcake realmente delicioso.
                                                                                  DIEGO CORDEIRO.


 CUPCAKE MELOCOTONS