miércoles, 26 de marzo de 2014

Empanada de Bacallau con Catañas

   Probablemente probastes empanadas de todo tipo e de todos os sabores posibles. Pero estou seguro que nunca saboreastes unha de bacallau e castañas, ocorréuseme nun momento de inspiración ou de tolemia non o teño moi claro, xa que non é unha combinación moi usual e moito menos para o recheo dunha empanada. Estou seguro que non vos decepcionará.



Ingredientes para a masa:
     ·       500 gr. fariña
     ·       1 ovo
     ·       30 gr. levedo
     ·       50 ml. leite
     ·       50 ml. aceite do rustrido
     ·       Sal
     ·       Auga a que admita.

   Poñemos a fariña nun bol e facemos un volcán e no seu interior incorporamos o ovo, leite, sal, o aceite do sofrito que lle dará cor e sabor a nosa masa e imos engadindo auga ata acadar una textura manexable e elástica.         Por ultimo engadímoslle o levedo e amasamos enerxicamente. Reservamos tapado con un pano ata que dobre o seu volume.

Ingredientes para o recheo:
     ·       2 cebolas
     ·       ½ pemento vermello
     ·       ½ pemento verde
     ·       400 gr. bacallau
     ·       150 gr. castañas
     ·       1 culler de pementón doce
     ·       Sal
     ·       100 ml. Aceite de oliva

    O primeiro que facemos é pelar e cocer as castañas ( eu sempre teño un puñado xa peladas no conxelador para ter fora da época de outono).
    O seguinte é preparar o rustrido para a empanada no que poñemos aceite nunha tixola e pochamos a cebola e pemento picados en anacos. Engadimos o bacallau desalgado e cortado en cadradiños e poñémoslle a culler de pementón e a sal. Deixamos cocer durante 5 minutos a lume baixo. Por ultimo incorporamos as castañas xa cocidas e removemos co rustrido para que se mesturen os sabores.

    
     Estiremos a metade da masa que fará de base, e poñémola nunha bandexa de forno. Enriba repetimos o rustrido sobre toda a superficie. Estiramos a outra metade e tapamos a bandexa, cortamos os sobrantes e facemos o peche polos lados para que non se escape o recheo. Facemos un pequeno burato no centro para que saian os vapores durante a cocción e pintamos con ovo toda a superficie da empanada.

   Introducimos no forno previamente quentado durante 20-25 minutos a 185ºC.                                                                     Diego Cordeiro.
                                                         
 Empanada de Bacallau con Castañas
   

jueves, 20 de marzo de 2014

CUPCAKES DE MANGO

         Continúo  a perfeccionar a técnica dos cupcakes, pouco a pouco vou buscando esa receita que o resultado sexa innovador, nesta ocasión estaban realmente bos. Optei por facelos de mango e aplicar algunhas variantes na receita.


Ingredientes para 12 bases:
·       150 gr. Manteiga
·       120 gr. Azucre
·       2 ovos
·       200 gr. Fariña
·       50 ml. De zume tropical
·       1 culleriña levedo royal
·       200 gr. mango

Poñemos nun bol a manteiga, co azucre e o zume tropical, que lle dará un sabor intenso o biscoito. Batemos os ingredientes ata conseguir unha masa cremosa.
Engadimos os ovos, de un en un, e removemos. O seguinte será incorporar a fariña e o levedo previamente peneirada e mesturamos ata que desfagamos todos os grumos.
Para rematar engadimos o mango cortado en anacos pequenos e repartimos a masa en doce casullas repartidas nunha bandexa de forno. Introducimos no forno previamente prequentado a 180ºC e cocemos durante 15 ou 20 minutos.

Ingredientes para o frosting:
        ·       150 gr. manteiga
        ·       120 gr. azucre glass
        ·       150 gr. queixo philadelphia
        ·       150 gr. de mango

Para preparar o frosting empezamos batendo a manteiga, xunto co azucre glass e o queixo. Unha vez conseguida unha textura cremosa incorporamos o mango en anacos pequenos mesturamos.

Para terminar facemos rosetas coa axuda dunha manga para decorar os nosos cupcakes e gozar dun bocado cun sabor tropical.
                                                                                   Diego Cordeiro.
Cupcakes de Mango

jueves, 13 de marzo de 2014

Pemento Recheo de Polo con Noces o Curry Gratinado con Queixo de Arzúa

      A cociña non deixa de ser un xogo, tratase de xogar cos ingredientes que temos na nosa man para conseguir facer un prato distinto e co noso selo particular. Iso mesmo fixen eu para conseguir este prato, que sen dubidas ten matices que vos encantarán.




Ingredientes para 4 persoas:
  • ·        4 pementos morróns
  • ·        800 gr. peitugas de polo
  • ·        1 cebola
  • ·        3 dentes de allo
  • ·        80 gr. noces peladas
  • ·        2 cenorias
  • ·        1 tomate maduro
  • ·        50 ml. Viño branco
  • ·        50 ml. Aceite oliva
  • ·        200 gr. de queixo Arzúa
  • ·        Curry
  • ·        Pementa branca
  • ·        Sal

Comezamos baleirando os pementos das pebidas, abrímolos pola parte superior, por onde esta o cano, e lavamos ben. É importante que os pementos sexan chatos, sen punta para que se nos aguanten de pé, unha vez recheos.


Por outro lado nunha tarteira poñemos o aceite de oliva e refogamos o allo, a cebola e as cenorias cortadas en anacos pequenos. O seguinte paso será engadirlle o polo picado en dados e salpimentado e salteamos.
    Por último, incorporamos o tomate cortado tipo concase, engadimos o curry ó gusto, as noces e mollamos co viño deixando cocer durante uns 20 minutos a lume moderado para que os sabores se mesturen entre eles.


     Reenchémolos pementos, cubrimos con uns anacos de queixo de Arzúa e metemos no forno a 190ºC durante uns 15 minutos aproximadamente.
                                                                                    Diego Cordeiro. 
                                                
 Pemento recheo de polo con noces o curry gratinado con queixo de arzúa

jueves, 6 de marzo de 2014

ORELLAS RECHEAS DE MARMELO

Aproveitando que estamos no Entroido non quero pasar por alto facer unas orellas, pero con un pequeno matiz na elaboración, para variar un doce moi típico da nosa terra.


INGREDIENTES:
     ·        500 gr. fariña
     ·       3 ovos
     ·       25 gr. azucre
     ·       50 ml. Leite
     ·       50 gr. manteiga
     ·       10 gr. Royal
     ·       8 gr. sal
     ·       Raiado dun limón
     ·       Anís
     ·       200 gr. marmelo

Nun bol poñemos a leite, a sal e os ovos e mesturamos. Engadimos o azucre, a manteiga derretida, o raiado dun limón, un chorriño de anís e imos engadindo a fariña pouco a pouco. Amasamos enerxicamente e reservamos durante uns 15 minutos.

Collemos anacos de masa e estiramos coa axuda dun rodete. Botamos aceite sobre o mesado para axudar a estirala masa, non recomendo facelo con fariña xa que o freilas vamos a estragar moito máis rápido o aceite.

Unha vez estirada a masa o máximo posible, poñemos no interior un anaco de marmelo e envolvemos selando ben para que non se abra ó fritilas.

Fritimos en abundante aceite de xirasol ben quente e douramos polos dous lados. Retiramos a un prato con papel absorbente.

      Polvoriñamos con azucre e canela e a gozar deste bocado doce.
                                                                              
                                                                                    DIEGO CORDEIRO.
 ORELLAS RECHEAS DE MARMELO

sábado, 1 de marzo de 2014

FILLOAS Á CAÑA TOSTADA RECHEAS DE NATA E FROITAS

                 Xa estamos no Entroido, unas datas do ano marcadas pola festa e os disfraces, pero sobretodo polos seus doces típicos: Orellas, flores, torradas, roscas de anís, bandullos … pero o máis popular sen dubida as filloas, ou polo menos o meu preferido.
            Coma sempre intento darlle o meu toque, ou mellor dito, o toque da nosa terra, optei por engadirlle caña tostada á masa. Un licor moi tradicional na nosa terra e que nunca falta nunha sobremesa despois dun bo cocido.
            Esta vez optei por facer o recheo dun xeito que o resultado fora delicado pero con sabor, nata con fresas e nata con mango. Dúas variantes, dous matices marcadas no noso padar.

INGREDIENTES:
  • ·        ½ litro de leite
  • ·        200 gr. fariña
  • ·        100 gr. azucre
  • ·        100 gr. manteiga
  • ·        4 ovos
  • ·        30 ml. caña tostada
  • ·        Sal
Nun bol mesturamos a fariña co azucre, removemos ata desfacer os grumos da fariña. Engadimos os ovos e volvemos remexer. Nun recipiente aparte fundimos a manteiga e incorporamos xunto coa caña a masa anterior. Por ultimo, engadimos o leite e o sal e mesturamos ata que non quede ningún grumo, en caso contrario pasamos por un chino.

Poñemos unha tixola ó lume e coa axuda dunha xerra engadimos unha pequena cantidade do liquido das filloas ata cubrir a superficie da tixola, canto máis fina quede máis ricas e máis cantidade nos sairán. Para darlle a volta axudámonos dunha culler de madeira e dos dedos. E así ata rematar toda  masa. Entre cada filloa imos engadindo  para evitar que se peguen entre elas.



Ingredientes para o recheo:
  • ·        ½ litro de nata
  • ·        75 gr. azucre
  • ·        100 gr. fresas
  • ·        100 gr. mango
O recheo é o máis sinxelo de todo so temos que montar a nata xunto co azucre e repartimos en dous recipientes. A un engadímoslle as fresas cortadas en pequenos anaquiños e ó outro o mango da mesma maneira.
So temos que reencher con unha pequena cantidade cada unha enrolalas e a gozar dun bocado do Entroido.


                     
                                                                  DIEGO CORDEIRO.

 Filloas o oruxo tostado recheas de nata e froitas