lunes, 30 de junio de 2014

Cupcakes de Licor Café


Na procura de novos sabores para incorporalos nas receitas dos cupcakes esta vez probei con algo que nunca falta nunha sobremesa en calquera parte de Galicia, o licor café. Quixen integrar todo o sabor e toda a forza que contén o licor café, polo que non quixen facelos suaves se non serian cupcakes de café. O resultado non vos decepcionará.

Ingredientes para 12 bases:
       ·        115 gr. manteiga
       ·        120 gr. azucre
       ·        3 ovos
       ·        200 gr. fariña
       ·        1 ½  culler de levadura royal
       ·        60 ml. Leite
       ·        60 ml. Licor café

Poñemos nun recipiente a manteiga, co azucre e batemos ata conseguir unha masa cremosa.
Engadimos os ovos, un a un, e removemos. Logo incorporamos a metade da fariña, previamente peneirada, xunto co levedo e mesturamos ata que desfagamos todos os grumos.
Para rematar engadimos o leite e o licor café, removemos e terminamos coa outra metade da fariña.
Repartimos en doce casullas nunha bandexa e introducimola no forno, previamente prequentado a 180ºC, cocemos durante 15 ou 20 minutos.


Ingredientes para a crema:
        ·       200 gr. queixo mascarpone 
        ·       50 ml. Nata
        ·       50 ml. Licor café
        ·       50 gr. azucre

    Poñemos os ingredientes nun recipiente e batemos ata conseguir que teña consistencia. Coa axuda dunha manga pasteleira, decoramos as casullas cunha roseta.

Para decoralas poñemos na parte superior unha guinda que previamente puxemos a macerar en licor café 24 horas antes, para darlle un toque máis intenso e rematamos con un pouco de azucre moreno. 
                                                                             Diego Cordeiro.
                                         
 Cupcakes de licor café

sábado, 21 de junio de 2014

Empanada de Bolos

O xoves da semana pasada fun pola praza de Abastos a votar unha ollada, non había moita variedade de peixes xa que fun un pouco tarde, pero nun dos postos tiñan un puñado de bolos pequenos (en Cambados coñecidos como “areeiros” ou “voladores” e no Hio tamén chamados “farabolos”). O caso é que a min encantanme, sexan fritos ou guisados, pero ó ser tan pequenos ocorréuseme facer unha empanada como se fora de xoubas, pero con bolos e este foi o resultado.

Ingredientes para a masa:
      ·        500 gr. Fariña
      ·        1 ovo
      ·        30 gr. levedo
      ·        50 ml. Leite
      ·        50 ml. Aceite do rustrido
      ·        Sal
      ·        Auga a que admita

Poñemos a fariña nun bol e facemos un volcán e no seu interior incorporamos o ovo, leite, sal e o aceite do sofrito, que lle dará cor e sabor a nosa masa. Imos engadindo auga ata acadar una textura manexable e elástica. Por ultimo, engadímoslle o levedo e amasamos enerxicamente. Reservamos tapado cun pano ata que dobre o seu volume.
Ingredientes para o recheo:
       ·       2 cebolas
       ·       ½ pemento vermello
       ·       ½ pemento verde
       ·       500 gr. bolos
       ·       1 culler de pemento doce
       ·       Sal
       ·       100 ml. Aceite de oliva

O seguinte é preparar o rustrido para a empanada, poñemos aceite nunha tixola e pochamos a cebola e pemento picados en anacos. Deixamos cocer a lume baixo, ata que as verduras queden ben pochadas e engadímoslle unha culler de pemento doce e rectificamos de sal.

Estiremos a metade da masa que fará de base, e poñémola nunha bandexa de forno. Enriba repetimos o rustrido sobre toda a superficie. Sobre o rustrido repartimos os bolos limpos de cabeza e vísceras e sazonamos. Estiramos a outra metade e tapamos a bandexa, cortamos os sobrantes e facemos o peche polos lados para que non se escape o recheo. Facemos un pequeno burato no centro para que saian os vapores durante a cocción e pintamos con ovo toda a superficie da empanada.
Introducimos no forno previamente quentado durante 20-25 minutos a 185ºC.

O resultado non vos defraudará, estaba boísima. Cun gran sabor a mar e o máis importante, que é unha empanada moi económica, xa que o quilo de bolos saíume so a 2€.                                     Diego Cordeiro.
                            
 empanada de bolos

jueves, 12 de junio de 2014

Muffins de Platano e Noces

Esta é a miña primeira incursión nos Muffins, moi de moda nos últimos anos. A verdade e que son moi sinxelos de facer e o resultado e realmente bo. Decidinme por votarlle plátano, aproveitando que tiña uns cantos moi maduros e para enfornar é o mellor, xa que, desfaise con máis facilidade e  aportan máis doce.  


Ingredientes para 12 muffins:
      ·       3 plátanos maduros
      ·       60 ml. Nata
      ·       240 gr. fariña
      ·       120 gr. azucre moreno
      ·       50 gr. de noces
      ·       90 gr. manteiga
      ·       3 ovos
      ·       Sal
      ·       Vainilla
      ·       2 culleradas de Royal


Nun recipiente poñemos a manteiga, a temperatura ambiente, xunto co azucre moreno e batemos ben. Imos engadindo os ovos un a un e batemos entre medias. Acto seguido incorporamos a nata.
Para rematar engadimos pouco a pouco a fariña, previamente peneirada, e removemos lixeiramente. Como punto final botámoslle dúas culleradas de Royal, aroma de vainilla e unha chisca de sal.


Repartimos esta mestura en doce moldes de muffins e na superficie colocamos anacos de noces. Tamén podemos polvoriñar con lascas de chocolate, que lle iran moi ben.

Introducimos no forno previamente quente a 180ºC durante uns 20 minutos.
                                                                                       Diego Cordeiro.
 Muffins de Platano e Noces

jueves, 5 de junio de 2014

Curso na Asociación de Amas de Casa Cuarto día



No último día de curso fixemos uns panciños de semillas, uns bolos suizos e un merengue co cal preparamos un souflé que fixo as delicias de todas/os.


Preme na imaxe para acceder a imaxe

Preme na imaxe para acceder a imaxe

Preme na imaxe para acceder a imaxe

Montando o merengue para o souflé


Preparando os panciños para meter no forno.

O Souflé Xeado no momento do flambeado.



Merengue Italiano

Ingredientes:

      ·        330 gr. azucre
      ·        160 gr. claras de ovo
      ·        60 ml. Auga
      ·        Unhas gotas de zume de limón


Comezamos montando as claras a punto de neve. Unha vez a punto de neve engadimos pouco a pouco uns 80 gr. de azucre.
Aparte  nun cazo poñemos o lume a auga xunto co resto do azucre e facemos un xarope que ten que alcanzar 120 ºC . Se non temos un termómetro  o xeito  de  asegurarnos que está e fervelo durante entre 10 e 15 minutos.



Sen que arrefríe o xarope  ímolo engadindo con un chorriño fino ao merengue sen deixar de bater. Estará listo cando tempere.
                                                                                     Diego Cordeiro.
                                                 
 Merengue Italiano

Bolos Suizos

Ingredientes:

      ·        600 gr. Fariña de forza
      ·        35 gr. levedo
      ·        120 gr. manteiga
      ·        200 ml. Leite
      ·        3 ovos
      ·        75 gr. azucre
      ·        10 gr. sal
      ·        Reladura de limón e laranxa


Nun bol botamos o leite no que diluímos azucre e levedo. Engadimos os ovos, a manteiga derretida e o resto dos ingredientes. Comezamos a amasar ata conseguir que sexa manexable. Tapamos e reservamos ata que a masa dobre o seu volume.

Dividímola masa, boleamos e volvemos deixar que fermente ata dobrar o seu volume.
Facémoslle un corte na parte superior, pintamos con ovo e engadimos azucre humedecido.

Introducimos no forno durante 5 minutos a 220ºC e logo outros 7 a 200ºC.
                                                                                          Diego Cordeiro.
 Bolos Suizos

Panciños de Sementes

Ingredientes:
     ·        600 gr. Fariña de forza
     ·        400 gr. fariña floxa
     ·        20 gr. sal
     ·        600 ml. Auga
     ·        30 gr. levedo
     ·        30 gr. manteiga
     ·        Sementes de sésamo, papoula,…



Amasar tódolos ingredientes ata conseguir unha masa elástica. Dividimos e deixamos repousar durante 10 minutos.
Facemos porcións de masa do peso desexado, boleamos e repousamos durante 30 minutos. 

Coa axuda dunha brocha humedecemos a superficie, cubrimos con sementes e deixamos fermentar outros 15 minutos.
Introducimos o forno a 190ºC durante uns 18 minutos.

                                                                                   Diego Cordeiro.