sábado, 22 de noviembre de 2014

Cupcakes de Arandanos

Continúo ampliando o meu compendio de receitas de cupcakes. Nesta ocasión decidín facelos de arándonos. O máis delicioso destes cupcakes é a explosión de sabor dos  froitos vermellos, que quedan enteiros na base, ó metelo na boca, ¡Vaivos encantar!.


Ingredientes para os 12 biscoitos:

         ·        100 gr. manteiga a temperatura ambiente.
         ·        150 gr. de azucre.
         ·        3 ovos
         ·        150 gr. de fariña
         ·        1 culleriña de levedo Royal.
         ·        90 ml. de leite.
         ·        Aroma de vainilla
         ·        100 gr. arándonos

Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta, ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos un a un, con velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo ata que sexa homoxéneo.
Despois de engadímo-lo leite e  rematamos co resto da fariña.
     Pre-quentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
Enchemos ata a metade as casullas, repartimos en cada casulla uns tres ou catro arándonos e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.


Ingredientes para o frosting de arándonos:

·        150 gr. manteiga
·        150 gr. queixo philadelphia
·        200 gr. icing sugar (ou azucre glass)
·        100 gr. confeito de arándonos

Nun recipiente batemos a conciencia a manteiga a temperatura ambiente xunto co icing sugar, eu utilicei azucre glass, ata que quede una textura moi cremosa e totalmente branca. Chegados a ese punto engadimos o queixo philadelphia e seguimos batendo ata conseguir unha crema con consistencia e moi suave. Para terminar engadimos a confeito de arándonos que eu fixen na casa, pero podedes compralo xa feito, e mesturamos ata que se incorpore por completo.
Comezamos co montaxe no que coa axuda dunha manga pasteleira vamos facer unha roseta na parte superior da madalena de arándonos, nesta ocasión optei por utilizar unha boquilla lisa. Terminei decorando con dous arándonos que coroan estes deliciosos cupcakes.
                                                                                             Diego Cordeiro.
 Cupcakes de Arandanos



domingo, 16 de noviembre de 2014

Lombo de Cervo o Tomillo

O cervo e unha carne completamente descoñecida nas nosas cociñas, é unha carne de caza que ten un punto de bravío pero que con un lixeiro adobado conseguiremos que notemos ese sabor intenso e cheo de matices resulten agradables no padal.


Ingredientes para 4 persoas:
        ·        800 gr. de lombo de cervo
        ·        500 ml. viño tinto
        ·        2 cenorias
        ·        1 porro
        ·        2 ramiñas de tomiño fresco
        ·        Pementa negra en gran
        ·        100 gr. fresas
        ·        50 gr. manteiga
        ·        50 ml. vinagre de Módena
        ·        50 gr. azucre
        ·        Sal

Comezamos limpando o lombo de cervo de tendóns e vamos poñelo nun adobo lixeiro de viño para quitarlle o bravío e que a carne quede moito máis branda. Para a adobo poñemos nun recipiente o viño tinto co allo porro e as cenorias cortadas en rodas, as ramas de tomiño e un puñado de grans de pementa negra. Deixaremos a carne adobada na neveira durante 12 horas aproximadamente.


Escorremos ben a carne,  sazonaremos e marcamos lixeiramente o contorno de todo o lombo. Poñemos nunha bandexa de forno xa que o vamos a terminar deste xeito.
Nunha tixola pequena salteamos as fresas na manteiga e engadimos un pouco de azucre para que se acaramelen lixeiramente e reservamos para logo acompañar ó lombo.

Introducimos no forno o lombo durante 8 minutos a unha temperatura de 190ºC. Cortamos en rodas para que se vexa esa cor tan intensa da súa carne e decoramos coas fresas acarameladas e dunha redución de Módena.
                                                                                              Diego Cordeiro.
 Lombo de Cervo o Tomillo

jueves, 6 de noviembre de 2014

Cupcakes de Cookies

     ¿A quen non lle gustan unha cookie? Con seus anaquiños de chocolate,  ese intenso sabor e o toque crocante. Intentei plasmar esa sensación da forma máis semellante posible, a ver que vos parece.


    Ingredientes para os 12 biscoitos de cookies:
            ·        100 gr. manteiga a temperatura ambiente.
            ·        150 gr. de azucre.
            ·        3 ovos
            ·        150 gr. de fariña
            ·        1 culleriña de levedo royal.
            ·        90 ml. de leite.
            ·        Aroma de vainilla
            ·        Un puñado de chips de chocolate.

Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos un a un cunha velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo, ata que sexa homoxéneo.
Despois engadimos o leite e  rematamos co resto da fariña e chips de chocolate.
     Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
     Enchemos ata a metade as casullas e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.

Ingredientes para o frosting de cookies:
·        150 gr. manteiga
·        180 gr. icing sugar o azucre glass
·        50 gr. queixo philadelphia
·        60 gr. de cookies


Nun bol poñemos a manteiga o azucre glass e o queixo philadelphia e comezamos a bater ata conseguir integrar completamente  os ingredientes.
O punto perfecto será cando a buttercream aumente lixeiramente o seu volume e colla unha cor máis branca. Una vez o consigamos, engadimos as cookies reladas e volvemos bater ata que queden ben integradas.

Rematamos a montaxe coa axuda dunha manga cunha boca rizada e facemos unha roseta na parte superior da base, decoramos cunhas mini cookies para rematar. 
                                                                                                 Diego Cordeiro.
 Cupcakes de Cookies