Sigo
fusionando distintas culturas culinarias, sempre tentando unir pratos moi
representativos. Neste caso foron Italia e China, dous países que me apaixonan culinariamente
falando, xa que aportan sabores moi definidos e aromáticos.
Ingredientes
para a masa:
· 300 gr. fariña
· 200 ml. Auga
· 20 gr. levedo
· Sal
· 20 gr. aceite de oliva
Facemos
un cráter coa fariña e no seu interior poñemos a auga, o sal e o aceite de
oliva. Amasamos enerxicamente ata conseguir unha masa elástica que non se pegue
ó mesado. Para rematar, incorporamos o levedo e continuamos amasando ata
incorporala ben. Deixamos levedar a masa durante 30 minutos.
Ingredientes
para o Wok:
· 100 gr. Luras
· 100 gr. polo
· 50 gr. gambas
· 50 gr. cogomelos
· ½ pemento amárelo
· ½ pemento vermello
· ½ cebola
· ¼ de col chinesa
· Albaca (alfábega)
· 30 ml. Aceite de oliva
· 50 gr. queixo parmesano
· Salsa de soia
· Sal
· pementa branca
O primeiro que facemos e cortar o polo en dados e as luras
en toros e salpementamos.
Poñemos lume forte á tixola wok con aceite de oliva e
cando este ben quente engadimos o polo e as luras, removemos durante un minuto. De seguido
incorporamos as verduras cortadas en anacos, menos a col, e seguimos remexendo
para que se douren por igual os ingredientes.
O seguinte é incorporar a col chinesa, a albaca e as
gambas, e mollamos coa salsa de soia, deixamos un minuto máis o lume e
apartamos.
Para terminar estiramos a masa ó gusto, esparexemos na superficie o salteado do
wok e relamos queixo parmesano por riba.
Introducimos no forno, previamente prequentado a
220ºC, durante uns 10 minutos.
Diego Cordeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario