Outra
receita de cupcakes na que o ingrediente principal é o chocolate. Dinlle unha
pequena volta de rosca e o resultado é espectacular. Xogar cos ingredientes é a
maneira de buscar diferentes resultados, algunhas veces non saen ben, pero hai
que probar sempre.
Ingredientes para 12 biscoitos:
·
100 gr. Manteiga
·
100 gr. Azucre
·
75 gr. Azucre
moreno
·
2 ovos
·
180 gr. Fariña
·
25 gr. Cacao en
pó
·
1 culleriña de
levedo Royal
·
½ culleriña de
sal
·
225 ml. Leite
·
120 gr. Chocolate
Comezamos
derretendo o chocolate o baño María.
Nun recipiente
poñemos a bater a manteiga xunto cos azucres ata que a mestura quede esponxosa.
De seguido
vamos engadindo os ovos un a un sen deixar de bater. Logo engadimos o chocolate
previamente fundido.
Unha vez
ben integrado o chocolate, engadimos os ingredientes secos ós poucos,logo de
peneiralos, e rematamos co leite ata que consigamos unha masa homoxénea.
Repartimos
a masa nas casullas e metemos ó forno, xa quente a 180º, durante 20 minutos.
Ingredientes para o frosting de queixo e noces:
·
150 gr. manteiga
·
125 gr. Azucre
glass
·
150 gr. Queixo
philadelphia
·
100 gr. Noces
limpas
Comezamos
picando as noces en anacos ben pequenos, para que logo non se nos atasque a
manga pasteleira.
Á parte,
nun bol, batemos a manteiga xunto co azucre ata conseguir unha textura cremosa.
Engadimos o queixo e seguimos batendo
ata que se incorpore por completo e facemos o mesmo coas noces que picáramos
previamente. Poñemos nunha manga pasteleira cunha boquiña rizada.
O seguinte paso vai ser facer o chocolate branco para o
recheo, poñemos ao lume 150 ml. de tona nun cazo. Xusto no momento que vaia
comezar a ferver retiramos e engadímoslle 100 gr. de chocolate branco e
remexemos ata que se disolva por completo o chocolate, sempre fora do lume.
Coa axuda dun descorazoador ou dun coitelo facemos un
buraco, no centro do biscoito sen chegar a base , que enchemos co chocolate branco feito
previamente. Facemos unha roseta co frosting de noces e coroamos con media noz
pelada.
Diego Cordeiro.