Empeza a tempada de xudias, unha verdura moi rica e que pode dar moito xogo
na cociña. As maneiras para cociñalas poden ser moi variadas, son moi
agradecidas e xa sexa cocidas ou coma nesta receita será a reina da mesa.
Ingredientes:
·
800 gr. Xudias
·
150 gr. panceta de porco
·
2 dentes de allo
·
½ cebola
·
80 gr. champiñons
·
50 ml. salsa tomate
·
30 ml. aceite oliva
·
Un chorriño de salsa soia
Comezamos limpando as xudias de bordes e canos para cocelas en auga con sal
ata que estén o dente. Escurrimos e reservamos.
Por outro lado facemos un sofrito cos dentes de allo e media cebola picada
e cando estén medio pochados engadimos a panceta picada en bastóns. Para
terminar engadimos as xudias, vamos salteando e terminamos mollando con un
chorriño de salsa de soia e de salsa de tomate deixando cocer durante dous
minutos.
Diego Cordeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario