Mostrando entradas con la etiqueta Biscuit Xeado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biscuit Xeado. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de mayo de 2014

Biscuit Xeado


Ingredientes:

     ·       ½ litro nata
     ·       4 ovos
     ·       4 follas de xelatina
     ·       80 gr. azucre
     ·       200 gr. do ingrediente desexado (fresas, améndoas, figos,…)
     ·       Chorriño de brandy
     ·       Vainilla
     ·       Biscoitos

Para comezar forramos os moldes rectangulares con papel film para que nos sexa máis doado desmoldalo, unha vez este xeado.
Poñemos no fondo do molde biscoitos e os emborrachamos con brandy.
Nun bol montamos a nata, noutro aparte 4 xemas, 2 claras de ovo e o azucre e por último noutro recipiente montamos dúas claras de ovo a punto de neve.
Imos incorporando as xemas, a nata e acto seguido as claras a punto de neve, sempre con moito coidado para que non se baixen. Terminamos engadindo unha chisca de aroma de vainilla, as colas de xelatina previamente hidratadas e fundidas e o ingrediente que lle vaiamos a incorporar. Se é froita fresca picámola en anacos ben pequenos e se é un froito seco triturámolo previamente coa nata.

Introducimos no molde e metemos no conxelador durante 24 horas.

                                                                                    Diego Cordeiro.
 Biscuit Xeado