jueves, 5 de junio de 2014

Panciños de Sementes

Ingredientes:
     ·        600 gr. Fariña de forza
     ·        400 gr. fariña floxa
     ·        20 gr. sal
     ·        600 ml. Auga
     ·        30 gr. levedo
     ·        30 gr. manteiga
     ·        Sementes de sésamo, papoula,…



Amasar tódolos ingredientes ata conseguir unha masa elástica. Dividimos e deixamos repousar durante 10 minutos.
Facemos porcións de masa do peso desexado, boleamos e repousamos durante 30 minutos. 

Coa axuda dunha brocha humedecemos a superficie, cubrimos con sementes e deixamos fermentar outros 15 minutos.
Introducimos o forno a 190ºC durante uns 18 minutos.

                                                                                   Diego Cordeiro.
                                                   

miércoles, 28 de mayo de 2014

Curso na Asociación de Amas de Casa tercer día



Na terceira semán de curso fixemos uns donuts caseiros moi ricos e unhas cunchas de vieira gratinadas que tiñan un sabor moi intenso.



Preme na imaxe para acceder a receita

Preme na imaxe para acceder a receita



Donuts caseiros con glaseado de chocolate

As cunchas de vieira gratinadas xusto antes de metelas o forno.

Vieiras Gratinadas

Ingredientes:
     ·        500 gr. carne de vieira
     ·        100 gr. Porro
     ·        100 gr. cenoria
     ·        100 gr. Cabaciña (calabacín)
     ·        1 dente de allo
     ·        100 gr. setas
     ·        80 gr. manteiga
     ·        80 gr. fariña
     ·        ½ litro leite
     ·        Sal, pementa, pemento doce, azafrán.


Comezamos cortando en xuliana fina todas as verduras. Nunha tarteira fundimos a manteiga e nela refogamos o allo, o porro e a cenoria. Pasados uns 5 minutos engadimos a cabaciña e as setas.
Unha vez ben pochadas as verduras incorporamos a carne das vieiras cortadas en lascas e removemos ben coas verduras. Salpimentamos e engadimos un toque de cor suave con media culler de pemento doce e unas febras de azafrán
Agora toca darlle o toque final, engadir a fariña. Removemos ata desfacela por completo e imos engadindo leite e removendo como se fora unha bechamel ata conseguir a consistencia desexada.
Repartimos en cunchas de vieira, poñemos un pouco de queixo relado na superficie e introducimos no forno a 190º C, ata que quede ben gratinado.

Podemos substituír as vieiras por calquera outro marisco.
                                                                                      Diego Cordeiro.
 Vieiras Gratinadas


miércoles, 21 de mayo de 2014

Curso na Asociación de Amas de Casa segundo día




Esta seman pasada foi o segundo día de curso na Asociación Albariño Amas de Casa de Cambados no cal fixemos tempuras e uns biscuits xeados.
Preme na imaxe para acceder a receita

Preme na imaxe para acceder a receita

Preme na imaxe para acceder a receita





Eu en plena faena no segundo día de curso, día moi productivo.




















Lombos de Chinchos en tempura con un toque de allo e perexil que foron todo un éxito.



Bastonciños de verduras en tempura que fixeron a delicia das/os asistentes.




Podedes acceder ós enlaces das receitas pinchando na pizzarra e así podedes animarvos a facelas na casa xa que son receitas sinxelas e moi ricas.


A Miña Versión de Tempura


Ingredientes:

     ·       2 ovos
     ·       50 ml. Aceite de oliva
     ·       50 ml. Viño branco
     ·       150 ml. Auga
     ·       5 gr. levedo Royal
     ·       15 gr. maicena
     ·       200 gr. fariña
     ·       1 dente de allo
     ·       Perexil
     ·       Sal

Nun bol botamos os 2 ovos, o aceite de oliva, o viño branco e auga fría e mesturamos ben.


Vamos incorporando a fariña, a maicena, o levedo e a sal e removemos ata que non quede ningún grumo. Como opción para darlle un toque máis intenso de sabor podemos votarlle allo e perexil picado.
Moi importante que este ben frío a hora de utilizalo para que quede máis crocante á hora de fritir. Sempre empregaremos aceite de oliva ben quente.

So queda escoller o ingrediente que vaiamos a fritir coa nosa tempura e a gozar dun bocado moi saboroso e sinxelo.
                                                                                        Diego Cordeiro.
 A Miña Versión da Tempura

Biscuit Xeado


Ingredientes:

     ·       ½ litro nata
     ·       4 ovos
     ·       4 follas de xelatina
     ·       80 gr. azucre
     ·       200 gr. do ingrediente desexado (fresas, améndoas, figos,…)
     ·       Chorriño de brandy
     ·       Vainilla
     ·       Biscoitos

Para comezar forramos os moldes rectangulares con papel film para que nos sexa máis doado desmoldalo, unha vez este xeado.
Poñemos no fondo do molde biscoitos e os emborrachamos con brandy.
Nun bol montamos a nata, noutro aparte 4 xemas, 2 claras de ovo e o azucre e por último noutro recipiente montamos dúas claras de ovo a punto de neve.
Imos incorporando as xemas, a nata e acto seguido as claras a punto de neve, sempre con moito coidado para que non se baixen. Terminamos engadindo unha chisca de aroma de vainilla, as colas de xelatina previamente hidratadas e fundidas e o ingrediente que lle vaiamos a incorporar. Se é froita fresca picámola en anacos ben pequenos e se é un froito seco triturámolo previamente coa nata.

Introducimos no molde e metemos no conxelador durante 24 horas.

                                                                                    Diego Cordeiro.
 Biscuit Xeado

Fritura Para Froita


Ingredientes:

      ·       250 ml. Leite
      ·       50 gr. azucre
      ·       50 gr. manteiga
      ·       2 ovos
      ·       200 gr. fariña
      ·       Sal

     


Esta tempura para  froitas e doces e unha alternativa moi orixinal para sorprender os vosos invitados.
E unha receita moi sinxela so temos que mesturar todos os ingredientes nun recipiente ata que non quede ningún grumo.

Unha vez feito isto so temos que pasar pola tempura a froita escollida e fritir.

                                                                                    Diego Cordeiro.
 Fritura Para Froita