jueves, 12 de diciembre de 2013

Croquetas de Cacheira





                Esta semana vou propoñervos facer dun manxar moi galego como é a cacheira, nun bocado máis elegante para os invitados que teñades na casa. As croquetas de cacheira sen dubida teñen un sabor único e intenso e  moito máis delicado no paladar, e non dan mais traballo que calquera outra receita de croquetas.
            
    Ingredientes:
·        750 ml. de leite
·        400 gr. de fariña
·        300 gr. de manteiga
·        150 gr. de cebola
·        250 ml. de caldo de cacheira
·        250 gr. de cacheira de porco salgada
·        Sal
·        Noz moscada
·        Pementa branca
·        2 ovos
·        Pan Relado

O primeiro que facemos é poñer a desalgar a cacheira nun recipiente cheo de auga dende o dia anterior. Cambiamos un par de veces a auga durante o dia.
Poñemos nunha tarteira a cacheira con auga a cocer durante una hora e reservamos a cacheira e 250 cl. do caldo da cocción. Este caldo potenciara o sabor da cacheira nas nosas croquetas.
Nun cazo botamos a manteiga e poñemos o lume para que se derreta e nela pochamos a lume frouxa a cebola picada moi fina. Unha vez pochada a cebola engadimos a fariña e coa axuda dunha barilla remexemos ata conseguir desfacer todos os grumos.



O seguinte paso e ir engadindo o caldo gardado anteriormente e removemos coa axuda dunha culler de madeira, una vez que incorporado todo o liquido seguimos engadindo o leite xa quentado previamente nun cazo aparte. Por ultimo engadimos a cacheira picada en anacos o máis pequenos posible e rectificamos de sal pementa e noz moscada. Con o lume o mínimo seguimos removendo ata que a masa de croquetas ten una consistencia homoxénea e despegase do fondo.
Votámola nunha bandexa para que enfrie e gardámola na neveira polo menos unas 5 horas ata que este ben fría para poder traballar con ela sen queimarnos.
Facemos roliños coa masa e vamos cortando co tamaño que queiramos e dámoslle forma, pasamos por ovo e pan rallado. Hai quen as pasa por fariña eu non o recomendo, a fariña en cru nunca vos vai beneficiar a resgos xerais, se podemos evitala mellor e un consello que vos dou.
Non queda mais que freilas en aceite ben quente e a disfrutalas. Podedes conxelalas sen ningún problema, con que as quitedes 4 horas antes de ir a freilas bastara.

                                                                                    Diego Cordeiro.

 Croquetas de Cacheira





No hay comentarios:

Publicar un comentario