A quen non lle gustan os muffins e as
framboesas? Pois un día púxenme mans a obra a facer uns muffins de framboesa e
mazá para engadir o meu receitario, xa que, de momento non engadín ningunha versión
deste doce. Resultou que non tiña casullas de muffins, e decidinme por facer un
tipo de biscoito botando toda a mestura nun molde, e o resultado foi máis que
bo.
Ingredientes:
- · 4 ovos
- · 400 gr. azucre
- · 500 gr. fariña
- · 200 gr. manteiga
- · 240 gr. leite
- · 200 gr. framboesa
- · ½ mazá Granny Smith
- · 2 culleradas de levedo Royal
- · Aroma de vainilla
Nun bol batemos a manteiga co azucre
ata conseguir que se branquee e quede completamente integrados.
O seguinte paso é ir engadindo os
ovos un a un, batendo cada vez que engadimos un, para que o biscoito quede máis
esponxoso.
Por último, incorporamos o leite e o
aroma de vainilla e mesturámolo con coidado, repetimos a mesma operación coa
fariña e o levedo.
Botamos a mestura sobre un recipiente
de forno previamente cuberto con manteiga e fariña para que sexa máis sinxelo
desmoldalo. Sobre a superficie engadimos as framboesas e a mazá pelada e picada
en dados moi pequenos.
Introducimos ó forno, previamente
quente a 180ºC durante 30 minutos, e posible que dependendo do forno sexa
necesario darlle 10 minutos máis de cocción.
Espero que vos guste este biscoito
cheo de sabor e con toques doces e ácidos, avísovos que cada bocado que conteña
una framboesa e coma una explosión na boca. Sen dúbida o resultado é impresionante.
DIEGO CORDEIRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario