Coma sempre, sigo buscando as influencias de oriente
para preparar receitas sinxelas nas que se resalten máis os sabores. Nesta receita
optei por un salteado de raxo de porco con verduras frescas e améndoas, que lle
aportan un toque fresco e crocante.
Ingredientes
para 4 persoas:
- · 1 kg de porco (raxo)
- · 1 cebola
- · 1 pemento
- · 150 gr. champiñóns
- · 100 gr. améndoas
- · 3 dentes de allo
- · 50 cl. salsa de soia
- · 50 cl. aceite de oliva
- · Azucre moreno
- · 200 gr. de fideos chinos
- · Pementa
- · Xenxibre
O primeiro paso é cortalo raxo de porco en dados máis
ou menos iguais e engadimos pementa, un belisco de xenxibre en po e azucre
moreno. O xenxibre e o azucre moreno daranlle un toque fresco e daranlle un
lixeiro caramelizado cando o salteemos. Partimos as verduras tamén en dados
máis ben grandes.
Nun wok con aceite de oliva ben quente botamos o porco
doramos lixeiramente e engadimos as verduras. Removemos enerxicamente para que
se cociñen por igual.
Por ultimo engadimos as améndoas enteiras ou picadas como
máis vos gusten, eu optei por améndoas en anacos. Terminamos coa salsa de soia,
baixamos o lume e deixamos cocer durante uns 5 minutos.
DIEGO CORDEIRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario