Continúo
a perfeccionar a técnica dos cupcakes,
pouco a pouco vou buscando esa receita que o resultado sexa innovador, nesta
ocasión estaban realmente bos. Optei por facelos de mango e aplicar algunhas
variantes na receita.
Ingredientes para 12 bases:
· 150 gr. Manteiga
· 120 gr. Azucre
· 2 ovos
· 200 gr. Fariña
· 50 ml. De zume tropical
· 1 culleriña levedo royal
· 200 gr. mango
Poñemos nun bol a manteiga, co azucre
e o zume tropical, que lle dará un sabor intenso o biscoito. Batemos os
ingredientes ata conseguir unha masa cremosa.
Engadimos os ovos, de un en un, e
removemos. O seguinte será incorporar a fariña e o levedo previamente peneirada
e mesturamos ata que desfagamos todos os grumos.
Para rematar engadimos o mango
cortado en anacos pequenos e repartimos a masa en doce casullas repartidas
nunha bandexa de forno. Introducimos no forno previamente prequentado a 180ºC e
cocemos durante 15 ou 20 minutos.
Ingredientes para o frosting:
· 150 gr. manteiga
· 120 gr. azucre glass
· 150 gr. queixo philadelphia
· 150 gr. de mango
Para preparar o frosting empezamos batendo a manteiga,
xunto co azucre glass e o queixo. Unha vez conseguida unha textura cremosa
incorporamos o mango en anacos pequenos mesturamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario