Mostrando entradas con la etiqueta Cupacakes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cupacakes. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de noviembre de 2014

Cupcakes de Arandanos

Continúo ampliando o meu compendio de receitas de cupcakes. Nesta ocasión decidín facelos de arándonos. O máis delicioso destes cupcakes é a explosión de sabor dos  froitos vermellos, que quedan enteiros na base, ó metelo na boca, ¡Vaivos encantar!.


Ingredientes para os 12 biscoitos:

         ·        100 gr. manteiga a temperatura ambiente.
         ·        150 gr. de azucre.
         ·        3 ovos
         ·        150 gr. de fariña
         ·        1 culleriña de levedo Royal.
         ·        90 ml. de leite.
         ·        Aroma de vainilla
         ·        100 gr. arándonos

Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta, ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos un a un, con velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo ata que sexa homoxéneo.
Despois de engadímo-lo leite e  rematamos co resto da fariña.
     Pre-quentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
Enchemos ata a metade as casullas, repartimos en cada casulla uns tres ou catro arándonos e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.


Ingredientes para o frosting de arándonos:

·        150 gr. manteiga
·        150 gr. queixo philadelphia
·        200 gr. icing sugar (ou azucre glass)
·        100 gr. confeito de arándonos

Nun recipiente batemos a conciencia a manteiga a temperatura ambiente xunto co icing sugar, eu utilicei azucre glass, ata que quede una textura moi cremosa e totalmente branca. Chegados a ese punto engadimos o queixo philadelphia e seguimos batendo ata conseguir unha crema con consistencia e moi suave. Para terminar engadimos a confeito de arándonos que eu fixen na casa, pero podedes compralo xa feito, e mesturamos ata que se incorpore por completo.
Comezamos co montaxe no que coa axuda dunha manga pasteleira vamos facer unha roseta na parte superior da madalena de arándonos, nesta ocasión optei por utilizar unha boquilla lisa. Terminei decorando con dous arándonos que coroan estes deliciosos cupcakes.
                                                                                             Diego Cordeiro.
 Cupcakes de Arandanos



jueves, 20 de marzo de 2014

CUPCAKES DE MANGO

         Continúo  a perfeccionar a técnica dos cupcakes, pouco a pouco vou buscando esa receita que o resultado sexa innovador, nesta ocasión estaban realmente bos. Optei por facelos de mango e aplicar algunhas variantes na receita.


Ingredientes para 12 bases:
·       150 gr. Manteiga
·       120 gr. Azucre
·       2 ovos
·       200 gr. Fariña
·       50 ml. De zume tropical
·       1 culleriña levedo royal
·       200 gr. mango

Poñemos nun bol a manteiga, co azucre e o zume tropical, que lle dará un sabor intenso o biscoito. Batemos os ingredientes ata conseguir unha masa cremosa.
Engadimos os ovos, de un en un, e removemos. O seguinte será incorporar a fariña e o levedo previamente peneirada e mesturamos ata que desfagamos todos os grumos.
Para rematar engadimos o mango cortado en anacos pequenos e repartimos a masa en doce casullas repartidas nunha bandexa de forno. Introducimos no forno previamente prequentado a 180ºC e cocemos durante 15 ou 20 minutos.

Ingredientes para o frosting:
        ·       150 gr. manteiga
        ·       120 gr. azucre glass
        ·       150 gr. queixo philadelphia
        ·       150 gr. de mango

Para preparar o frosting empezamos batendo a manteiga, xunto co azucre glass e o queixo. Unha vez conseguida unha textura cremosa incorporamos o mango en anacos pequenos mesturamos.

Para terminar facemos rosetas coa axuda dunha manga para decorar os nosos cupcakes e gozar dun bocado cun sabor tropical.
                                                                                   Diego Cordeiro.
Cupcakes de Mango

jueves, 6 de febrero de 2014

CUPCAKES DE MELOCOTÓNS


O día que descubrín o mundo dos cupcakes dinme conta das grandes posibilidades e opcións que dan para desenrolar calquera idea que se me ocorra, dende doces a salgados. Pronto farei algunha creación salgada adaptada a cociña da nosa terra. Resulta que, a miña froita preferida son os melocotóns, e pensei introducila nun cupcake, e este é o resultado.


Ingredientes para a base:
·        120 gr. manteiga
·        180 gr. azucre
·        3 ovos
·        230 gr. fariña
·        2 culleriñas de royal
·        120 ml. Leite
·        1 culleriña de esencia de vainilla
·        4 metades de melocotón en xarope (ou se están de tempada 2 pezas)


Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos un a un batendo a velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo, ata que sexa homoxéneo.
       Despois de engadimos o leite e  rematamos co resto da fariña.
Por último, cortamos o melocotón en xarope en anaquiños pequenos e mesturamos con moito coidado.
       Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
       Enchemos ata a metade as cápsulas e introducimos a bandexa no forno  durante uns 20 ou 25 minutos.

Ingredientes para o recheo:
·        300 gr.  melocotóns
·        100 gr.  azucre
Cortamos o melocotón en anacos pequenos e poñemos nun cazo xunto co azucre e poñemos o lume ata que o melocotón este brandiño.
Coa a axuda dun descorazoador ou, se non tedes, coa axuda dun coitelo, facemos un buraco no centro do cupcake que vamos a encher coa confitura de melocotón.


Ingredientes para a crema:
·        200 gr. queixo philadelfia
·        50 ml. Nata
·        50 gr. azucre
·        Aroma de flor de azahar
           
          Para a parte superior do biscoito imos preparar unha crema moi suave e deliciosa de queixo. Poñemos os ingredientes nun recipiente e batemos ata conseguir que teña consistencia.

            Coa axuda dunha manga pasteleira, decoramos as casullas cunha roseta da crema de queixo. Na parte superior decoramos con un anaco de melocotón, que será a guinda para un cupcake realmente delicioso.
                                                                                  DIEGO CORDEIRO.


 CUPCAKE MELOCOTONS

sábado, 11 de enero de 2014

CUPCAKES DE CHOCOLATE CON CREMA DE QUEIXO MASCARPONE


            A quen non se lle fai a boca auga so de pensar en chocolate? Pois para todos os chocoadictos pensei nunha receita que seguro que vos gustara. E hai para todos os gustos, por que pensei en suavizar e o mesmo tempo en realzar o cupcake, con una crema de queixo Mascarpone.


Ingredientes para 12 bases:

  • 115 gr. Manteiga a temperatura ambiente
  • 120 gr. Azucre
  • 2 ovos
  • 150 gr. Fariña
  • 50 gr. Cacao
  • 1 culleriña e media de levedo royal
  • 1 culleriña de estrato de vainilla
  • 140 ml. leite

Poñemos a bater a manteiga co azucre, a manteiga que este a temperatura ambiente, ata que a mestura quede mais branca. Engadimos os ovos, de un de un, sen deixar de bater ata que se incorporen por completo.
            O seguinte paso e engadir a metade da fariña, previamente tamizada, batendo a velocidade baixa e de seguido incorporamos a leite, a vainilla e seguimos batendo. 


Cando xa este ben mesturado terminamos de engadir a outra metade da fariña e o lavedo, e batemos ata que quede una mestura homoxénea.
            Encendemos o forno a 180ºC para que se vaia quentando, e preparamos a bandexa para cupcakes con 12 casullas de papel e repartímola mestura sen enchelas mais de 2/3.
            Forneamos entre 20 e 25 minutos, para asegurarnos de que están ben feitos introducimos un palillo ata que saia limpo.
            Deixamos enfriar os cupcakes uns 5 minutos. 


Ingredientes para a crema:

  • 200 gr. Queixo Mascarpone
  • 50 ml. Nata
  • 50 gr. Azucre

            Para a parte superior do biscoito de chocolate vamos preparar unha crema moi suave e deliciosa de queixo Mascarpone. Poñemos os ingredientes nun recipiente e batemos ata conseguir que teña consistencia.

            Coa axuda dunha manga pasteleira decoramos as casullas cunha roseta da crema de queixo. Cubrimos a superficie con un pouco de cacao en pó e decoramos o gusto de cada un, eu fixen unhas pequenas chocolatinas que quedan moi simpáticas.
                                                                                                                         Diego Cordeiro.
 Cupcakes de chocolate con crema de queixo Mascarpone