Esta receita vai especialmente dedicada a tódolos
chocoadictos, xa que estes cupcakes levan un biscoito de chocolate, con recheo
de xarope de chocolate, un frosting de chocolate e decorado con lascas de
chocolate.
Ingredientes para 12 biscoitos:
·
100 gr. Manteiga
·
180 gr. Azucre
·
3 ovos
·
40 gr. Cacao en po
·
180 gr. Fariña
·
100 ml. Leite
·
1.5 culleriña de levedo Royal
Comezamos poñendo nun bol a manteiga a temperatura
ambiente xunto co azucre e batemos ata conseguir que quede con unha textura moi
cremosa. Nese intre incorporamos os ovos un a un mentres batemos. Engadimos a
leite removemos para que se incorpore e rematamos coa fariña e o levedo peneirados
previamente, para evitar grumos, e remexemos ata conseguir incorporar por
completo a fariña á mestura.
Preparamos unha bandexa de cupcakes con 12
casullas e repartimos a masa uniformemente por todas. Introducimos no forno a quente,
a190ºC
durante 15-20 minutos.
Baleiramos o centro dos cupcakes coa axuda dun
descoraozador de mazás, sen chegar ata o fondo e os enchemos con xarope de
chocolate.
Ingredientes para o frosting de chocolate:
·
150 gr. Manteiga
·
150 gr. Azucre
·
150 gr. Queixo philadelphia
·
80 gr. Chocolate
·
50 ml. Nata
Poñemos a bater a manteiga co azucre ata que se
esponxe e teña unha textura máis sedosa. Seguimos engadindo o queixo seguimos
batendo e rematamos incorporando unha trufa liquida, feita co chocolate fundido
xunto coa nata quente e removida, ata que se dilúen entre si por completo.
Remexemos todos os ingredientes ata conseguir un frosting con unha cor
brillante.
Procedemos a decoralos cupcakes coa axuda dunha
manga e unha boquilla rizada coa que facemos unha roseta co frosting de
chocolate e rematamos con lascas de chocolate e un chorriño de xarope de
chocolate na parte superior, que coroaran os cupcakes.
Diego Cordeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario