Acercase o verán e xa empeza a apetecer pratos
lixeiros e frescos, tipo ensalada. E nesta ocasión optei por un ingrediente moi
utilizado en América como é a col para
facer unha ensalada, sen dubida dálle un toque crocante moi agradable na boca.
Ingredientes
para 4 persoas:
· 700 gr. col chinesa
· 100 gr. queixo mozzarela
· 100 gr. panceta
· 80 gr. champiñóns
· ½ cebola
· 1 iogur
· 3 culleradas maionesa
· 1 limón
· Salsa de soia
· cecimbre
O primeiro paso vai ser facer a salsa de iogur para a
que poñemos nun bol 1 iogur natural, 3 culleradas de maionesa, o zume dun
limón, un chorriño de salsa de soia e cecimbre picada. Mesturamos ben coa axuda
dunha culler ata que quede una salsa totalmente homoxénea.
Lavamos a col e a cortamos en xuliana fina, facemos o
mesmo con media cebola e incorporamos a salsa de iogur. Removemos ben para que
quede completamente impregnada na salsa e reservamos.
Cortamos a panceta en bastóns e salteamos nunha tixola
con un pouco de aceite de oliva. No mesmo aceite salteamos uns champiñóns
laminados.
Empratamos poñendo a col na base do prato e vamos
poñendo enriba a panceta, os champiñóns e uns anacos de mozzarela.
Sen dubida gustaravos moito esta combinación de
texturas e sabores, a col aporta un toque crocante, a panceta un toque salgado
e a mozzarela un toque ácido.
DIEGO CORDEIRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario