Probablemente probastes empanadas de todo tipo e de
todos os sabores posibles. Pero estou seguro que nunca saboreastes unha de
bacallau e castañas, ocorréuseme nun momento de inspiración ou de tolemia non o
teño moi claro, xa que non é unha combinación moi usual e moito menos para o
recheo dunha empanada. Estou seguro que non vos decepcionará.
Ingredientes para a masa:
· 500 gr. fariña
· 1 ovo
· 30 gr. levedo
· 50 ml. leite
· 50 ml. aceite do rustrido
· Sal
· Auga a que admita.
Poñemos a fariña nun bol e facemos un volcán e no seu
interior incorporamos o ovo, leite, sal, o aceite do sofrito que lle dará cor e
sabor a nosa masa e imos engadindo auga ata acadar una textura manexable e
elástica. Por ultimo engadímoslle o levedo e amasamos enerxicamente. Reservamos
tapado con un pano ata que dobre o seu volume.
Ingredientes para o recheo:
· 2 cebolas
· ½ pemento vermello
· ½ pemento verde
· 400 gr. bacallau
· 150 gr. castañas
· 1 culler de pementón doce
· Sal
· 100 ml. Aceite de oliva
O primeiro que facemos é pelar e cocer as castañas (
eu sempre teño un puñado xa peladas no conxelador para ter fora da época de
outono).
O seguinte é preparar o rustrido para a empanada no
que poñemos aceite nunha tixola e pochamos a cebola e pemento picados en
anacos. Engadimos o bacallau desalgado e cortado en cadradiños e poñémoslle a
culler de pementón e a sal. Deixamos cocer durante 5 minutos a lume baixo. Por
ultimo incorporamos as castañas xa cocidas e removemos co rustrido para que se mesturen
os sabores.
Estiremos a metade da masa que fará de base, e poñémola
nunha bandexa de forno. Enriba repetimos o rustrido sobre toda a superficie.
Estiramos a outra metade e tapamos a bandexa, cortamos os sobrantes e facemos o
peche polos lados para que non se escape o recheo. Facemos un pequeno burato no
centro para que saian os vapores durante a cocción e pintamos con ovo toda a
superficie da empanada.
Introducimos no forno previamente quentado durante
20-25 minutos a 185ºC. Diego Cordeiro.