viernes, 19 de septiembre de 2014

Wok "Rias baixas"

Nesta ocasión volvo a unir a nosa terra, Galicia con o alonxado país da China con dúas culturas culinarias que, como xa sabedes,  apaixóname moito. Unión que, neste caso, quedou espectacular e moi potente nos sabores, debido ós ingredientes empregados.


Ingredientes para 4 persoas:

         ·        400 gr. Noodles
         ·        100 gr. Rape
         ·        12 und. Lagostinos
         ·        100 gr. berberechos
         ·        8 navallas
         ·        100 gr. mexillóns
         ·        8 und. Pinzas de boi
         ·        1 cebola
         ·        1 dente de allo
         ·        100 gr. champiñóns
         ·        1 pemento vermello
         ·        50 ml. zume de piña
         ·        50 ml. salsa de tomate
         ·        20 ml. vinagre
         ·        20 ml. salsa de soia
         ·        50 ml . fumet de peixe
         ·        50 ml. aceite de oliva
         ·        150 gr. fariña
         ·        Xenxibre
         ·        Sal e pementa branca

Poñemos unha tarteira con auga e sal para cocer os noodles, que son uns tallaríns típicos chineses, e cando ferva cocémolos. Unha vez cocidos  arrefriamos e reservamos.

Aparte vamos a facer unha salsa mariñeira pero coa variante que a vamos a facela agridoce. Comezamos poñendo nun cazo un chorriño de aceite de oliva no cal poñemos a dourar un dente de allo, media cebola e medio pemento vermello todo ben picadiño. Unha vez pochadas as verduras ligamos coa fariña e mollamos de seguido co vinagre deixando reducir. Terminamos co zume de piña que lle aportara o toque doce a nosa salsa mariñeira agridoce, con un chorriño de salsa de tomate e fumet de peixe. Deixamos cocer durante uns 5 minutos para que os sabores se integren entre si e quede ben ligada.

Comezamos a cocer todos os mariscos menos os lagostinos e retiramos de cunchas e reservamos para logo saltear.


Para rematar poñemos nun wok aceite de oliva e quentamos ben, comezamos engadindo as verduras cortadas en xuliana. Continuamos engadindo o rape cortado en dados e os lagostinos pelados e removemos enerxicamente para que todos os ingredientes se fagan por igual. Seguimos engadindo ingredientes neste caso os mariscos cocidos e de seguido xa engadimos un chorriño de salsa de soia, a salsa mariñeira agridoce e os noodles que tiñamos reservamos. Deixamos cocer durante 2 minutos aproximadamente e a gozar dun prato que une dous países.
                                                                                                Diego Cordeiro.
 Wok "Rias Baixas"

No hay comentarios:

Publicar un comentario