viernes, 12 de septiembre de 2014

Ravilolis Recheos de Doce de Cabaza Sobre Crema Espumosa de Bévera

Esta semana optei por facer unha sobremesa un pouco distinta con uns sabores intensos como a bévera e un ingrediente pouco explotado na nosa gastronomía como é a cabaza e sempre utilizada para alimentar o ganado. Espero que vos guste a combinación e que non deixará a ninguén indiferente.


Ingredientes para 4 persoas:

          ·        1 Prancha de masa de Follado (Hojaldre)
          ·        8 bévera
          ·        1 cabaza
          ·        200 gr. azucre
          ·        100 dl. leite
          ·        50 gr. arándonos e grosellas
          ·        1 ovo
          ·        1 folla de xelatina
          ·        10 gr. lecitina de soia

Pelamos e limpamos a cabaza da pel e carabuñas, cortámola e poñemos a cocer nunha tarteira con auga. Unha vez cocida escorremos ben e poñemos nun cazo xunto co azucre e unha chisca de auga e facemos  confeito. Pasamos por un pasapurés e arrefríamos.

Aparte vamos preparando para enchelos ravioli e comezamos cortando a masa de follado con a axuda dun cortapastas do tamaño que desexado por cada un e no centro colocamos un pouco de confeito da cabaza. Untamos os bordes con ovo batido e cerramos con outro anaco de masa de follado e reservamos.


Aparte pelamos e limpamos ben as béveras e as pasamos pola turmix xunto co leite e a metade do azucre a cola de xelatina, previamente hidratada. Deixamos repousar en frío para que a xelatina actúe sobre a mestura e engadimos a lecitina de soia coa axuda da túrmix montamos formando aire para que a crema quede con unha textura espumosa.


Terminamos fritindo os ravioli en aceite de xirasol, que aporta menos sabor a que o de oliva, e pasamos por azucre. Presentamos poñendo a crema de béveras no fondo dun prato fondo e colocando enriba os ravioli de cabaza.
                                                                                               Diego Cordeiro.
 ravilis recheos de doce de cabaza sobre crema espumosa de béveras

No hay comentarios:

Publicar un comentario