jueves, 26 de febrero de 2015

Maionesa De Piñeiro

Unha das arbores máis autóctonas da nosa terra e sen lugar a dubida o piñeiro. Na miña terra O Hio, hai un recuncho no que os piñeiros son os reis, a enseada de Barra. Onde un basto bosque deles decoran as dunas de area fina que se foron creando co paso dos anos co forte vento do norte, que bate todo o inverno e que dá unhas formas caprichosa a estas árbores. Despois de soltar esta leria, preguntarédesvos que ten que ver coa receita desta semana. Ocorréuseme empregar as súas follas, chamadas pico polo Hio, para facer unha maionesa.


Ingredientes:

·        250 ml. Aceite de xirasol
·        50 gr. Folla de piñeiro (pico)
·        1 ovo
·        Sal
·        Pementa branca

O primeiro paso vai ser lavar ben as follas  de piñeiro. É importante que sexan verdes para que solten ben ese arume característico, ademais de recortarlle o cano marrón que os une. Dámoslle un escaldazo en auga a ferver durante uns segundos, retiramos e escoamos ben.
Nun bol poñemos o aceite de xirasol xunto coas follas e trituramos ben coa axuda dunha turmix. Tapamos con papel film e gardamos durante unha hora na neveira. Sacámolo pasada esa hora e coamos. Xa temos un aceite aromatizado con piñeiro, que gardaremos na neveira tapado durante toda a noite.
Ó dia seguinte poñemos o aceite no vaso da turmix e votámoslle o ovo, introducimos a turmix ata o fondo e, sen movela, imos batendo ata que se monte por completo. Rectificamos de sal e pementa.

A maionesa de piñeiro é ideal para acompañar peixes con un toque distinto.
                                                                                             Diego Cordeiro.
 Maionesa de Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario