domingo, 8 de marzo de 2015

Cupcakes de Froitas do Bosque

Sigo coa maratón de cupcakes, nesta ocasión optei por utilizar unhas froitas que me encantan, froitos do bosque. Unha combinación moi doce que estou seguro vai encantarvos. Estes foron os que lle entreguei de premio a Iván Robles, por ser un dos gañadores do concurso dos cupcakes, espero que os gozase.

Ingredientes para 12 biscoitos:
·        100 gr. manteiga a temperatura ambiente.
·        150 gr. de azucre.
·        3 ovos
·        150 gr. de fariña
·        1 culleriña de levedo Royal.
·        90 ml. de leite.
·        Aroma de vainilla



Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta, ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos un a un, con velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo ata que sexa homoxéneo.
Despois de engadímo-lo leite e  rematamos co resto da fariña.
        Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
Enchemos ata a metade as casullas e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.

Ingredientes para o frosting:
·        150 gr. manteiga
·        150 gr. queixo philadelphia
·        100 gr. icing sugar (ou azucre glass)
·        200 gr. froitas do Bosque
·        150 gr. azucre

Comezamos facendo un confeito cos froitos do bosque, poñemos os froitos xuntos co azucre nun cazo e poñemos o lume ata que os froitos se desfagan, reservamos.
Nun recipiente batemos a conciencia a manteiga a temperatura ambiente xunto co icing sugar, eu utilicei azucre glass, ata que quede una textura moi cremosa e totalmente branca. Chegados a ese punto engadimos o queixo philadelphia e a metade do confeito feito previamente seguimos batendo ata conseguir unha crema con consistencia moi suave.

Chegados a este punto dispoñémonos ó montaxe final e o primeiro vai ser facer un pequeno burato no centro dos biscoitos sen chegar o final e enchémolos coa outra metade do confeito. Cubrimos con unha roseta de frosting de froitos do bosque e decoramos con xarope e unha framboesa.
                                                                              Diego Cordeiro.
 Cupcakes de Froitas do Bosque

No hay comentarios:

Publicar un comentario