martes, 12 de mayo de 2015

PINTXOS EXPERIENCE

A Pintxos Experience é unha vivencia exclusiva no contexto da gastronomía que se celebra todos os anos. Reúne os mellores cociñeiros de pintxos nunha cea única, un menú largo, maridado e para gozar das máis destacadas elaboracións gastronómicas da cociña en miniatura do ano.

Unha cea que traslada á mellor cociña de pintxos de cada punto de España ata o Parador de Alcalá de Henares. Da man dos chefs máis creativos e imaxinativos da gastronomía en miniatura.


Tiven o honor de poder participar neste certame e poder levar os sabores galegos ata Madrid. Unha gran experiencia na que aprendín moito xa que estiven rodeado de grandes chefs.

O menú estaba composto de ata dez pases:
        ·        Espárragos Bronceados. Iñaki Rodrigo “Rodaballo”, Punk Bach. Madrid.
        ·        Alcachofas Gold. Iñaki Rodrigo “Rodaballo”, Punk Bach. Madrid.
       ·        Falso Sushi de Mejillón Relleno y Láminas de Tomate. Mikel Muñoz, Bar Gran Sol. Hondarribia.
       ·        Parfait de Ajo Blanco, Gel de Málaga Virgen y Trucha Ahumada. Antonio Moya, Parador de Ronda. Ronda.
        ·        Sardina de Roca. Jesús Íñigo, Restaurante Ábaco. Huarte (Navarra).
       ·        Tosta de Bacalao Ahumado con Foie y Pimiento de Piquillo y Vinagre de Soja y Módena. Mikel Muñoz, Bar Gran Sol. Hondarribia.
       ·        Street Food. Atún Rojo en Invierno o Bocata de Atún Rojo. Jesús Íñigo, Restaurante Ábaco. Huarte (Navarra).
        ·        Galicia “Terra, Mar e Aire”. Diego Cordeiro, Parador de Cambados.
      ·        Lingote de Cochinillo Confitado con Crujiente de Forestiles. Julián Martín, Parador de Álcala de Henares.
       ·        Pionono del Convento con Helado de Almendras Garrapiñadas. Julián Martín, Parador de Álcala de Henares.


Unha noite especial que foi un autentico éxito, así nolo fixeron saber os comensais afortunados que asistiron ao evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada