Dí a xente que os probou que é a
mellor receita de cupcakes que fixen ata a data. Que se compaxinaban moi ben
os sabores e que o resultado foi delicioso. A verdade é que cando me decidín
por facer o frosting de fresas non pensaba que fora a ser así. Espero que vos
animedes a facelos, non vos defraudará o resultado.
Ingredientes para os 12 biscoitos
de cookies:
·
100 gr. manteiga a temperatura ambiente.
·
150 gr. de azucre.
·
3 ovos
·
150 gr. de fariña
·
1 culleriña de levedo royal.
·
90 ml. de leite.
·
Aroma de vainilla
·
Un puñado de chips de chocolate.
Poñemos a manteiga e o azucre nun
recipiente e batemos a velocidade alta, ata que a mestura se poña branca. Imos
engadindo os ovos de un en un a velocidade baixa e engadimos a metade da fariña
co levedo ata que sexa homoxéneo.
Despois de engadimos o leite e rematamos co resto da fariña e chips de chocolate.
Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
Enchemos ata a metade as casullas e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.
Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
Enchemos ata a metade as casullas e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.
Ingredientes para o
frosting de fresas:
·
150
gr. manteiga
·
150
gr. queixo philadelphia
·
200 gr. icing sugar ( ou azucre
glass)
·
100
gr. Sirope de fresas
Nun recipiente batemos a conciencia a manteiga a temperatura
ambiente xunto co icing sugar (eu utilicei azucre glass), ata que quede una
textura moi cremosa e totalmente branca. Chegados a ese punto engadimos o
queixo philadelphia e seguimos batendo ata conseguir unha crema con
consistencia e moi suave. Terminamos incorporando o sirope de fresas, o cal
podemos facelo nos na casa ou compralo o resultado será similar, e
terminamos batendo ata que queden unha crema de cor rosa e moi brillante.
O seguinte será proceder o montaxe dos cupcakes, comezamos
facendo un burato no interior do biscoito pero moito máis pequeño do habitual o
cal o enchemos de sirope de fresas para que empape lixeiramente o biscoito
dende o interior. Coa axuda dunha manga pasteleira facemos unha roseta na parte
superior co frosting de fresas, rematamos con un pouco de sirope e coroamos o cupcake
con media fresa.
Como podedes ver nas fotos quedaron fermosos e polo
que din inda mellor de sabor.Diego Cordeiro.
Quedaron preciosos cunha pinta exquisita!!! Seguro que estan boísimos!! Debes de ter a xente que che rodea toda contenta con estas delicias!! ;-) Un biquiño
ResponderEliminarGracias, faise o que se pode jeje. Vou aprendendo pouco a pouco. Ti si que fas cousas ricas, teñen unha pintaza uhmmmm. Un dia que pase por Vigo levoche unha muestra de cupcakes para que me des a tua opinión. Un bico
Eliminar