Sempre
busco darlle un toque diferente ós meus pratos, nesta ocasión optei por empregar
pipas para cubrir un lombo de merluza e darlle un toque crocante a un prato,
que dende logo sorprende.
Esta
receita foi incluída no libro de receitas “365 días, 365 recetas” no que
colaborei con varias receitas.
Ingredientes
para 4 persoas:
·
800 gr. Merluza/pescada limpa
·
50 gr. pipas peladas
·
12 longueiróns do Hio
·
½ dente de allo
·
3 dl. aceite de oliva
·
12 esparragos trigueiros
·
1 ceboliña
·
Sal e pementa branca
Cortamos
os lombos de merluza, sazonamos lixeiramente e pasamos polas pipas. De seguido dámoslle
un golpe de fritura para que as pipas se queden adheridas por completo a
merluza, so é marcalo xa que o remataremos logo no forno.
A parte
limpamos os esparragos verdes e separamos as puntas que coceremos para logo
decorar o prato. Cos tallos faremos a sopa xunto cun dente de allo e unha
ceboliña picadas, que poñemos a dourar nun cazo con un chorriño de aceite de
oliva.
Para
rematar introducimos a merluza no forno a 185ºC durante 7 minutos e empratamos
poñendo a sopa de esparragos trigueiros no fondo, colocamos enriba a merluza e
acompañamos coas puntas de esparragos e os longueiróns pasados pola prancha.
Diego Cordeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario