Sego a ampliar
o meu receitario de cupcakes, nesta ocasión fixen os biscoitos de mazá reineta,
xa que considero que aporta un sabor único e aguanta máis a cocción para
calquera receita sexa salgada ou doce. Tamén os reenchín dunha compota da mesma
mazá e o frosting fíxeno con un toque de
mel de Viñó, que me deu miña madriña de colleita propia, que ten un sabor
incrible. Disque o resultado foi brutal, leveillos como premio do sorteo para María
e felicitoume.
Ingredientes para 12 biscoitos:
·
150 gr. Manteiga
·
120 gr. azucre moreno
·
2 ovos
·
200 gr. fariña
·
50 ml. Nata
·
50 ml. Zume de mazá
·
1 culleriña de levedo Royal
·
1 mazá reineta
Poñemos a manteiga, previamente apartada do frío para
que este branda, nun recipiente xunto co azucre moreno e batemos ata que quede
completamente integrados entre si. Engadimos un ovo batemos, incorporamos o
outro e seguimos batendo ata que se incorpore e terminamos cos líquidos a nata
e máis o zume de mazá e repetimos o mesmo proceso.
Para rematar incorporamos a fariña e o levedo previamente
peneiradas a mestura anterior e remexemos con coidado ata que non queden
grumos. E xusto antes de introducir nas casullas a mestura engadímoslle a mazá
reineta pelada e cortada en anacos pequenos.
Repartimos a mestura en 12 casullas nunha bandexa de
forno de cupacakes e introducimos durante 20 minutos a 180 ºC.
Ingredientes
para o recheo:
·
2 mazás reineta
·
100 gr. azucre
·
25 gr. manteiga
·
½ culleriña de canela moída
Pelamos as mazás e as cortamos en cadradiños pequenos
as poñemos nun cazo o lume xunto coa manteiga e salteamos lixeiramente. De
seguido botámoslle o azucre e a canela moída remexemos e deixamos cocer un 25
minutos a lume moderado ata que quede a mazá brandiña.
Ingredientes
para o frosting de queixo e mel:
·
150 gr. manteiga
·
150 gr. queixo philadelphia
·
200 gr. icing sugar ( ou azucre glass)
·
150 gr. Mel
Nun recipiente batemos a conciencia a manteiga a
temperatura ambiente xunto co icing sugar, eu utilicei azucre glass, ata que
quede una textura moi cremosa e totalmente branca. Chegados a ese punto
engadimos o queixo philadelphia e a mel e seguimos batendo ata conseguir unha
crema con consistencia e moi suave.
Agora so queda proceder o montaxe dos cupcakes,
comezamos baleirando o centro dos biscoitos coa axuda dun coitelo ou dun
descoranozador de mazás. Ese oco é o que vamos a encher coa compota de mazá. E
na parte superior cubrimos cunha roseta do frosting de queixo e mel, eu
remateinos cun azucre de mazá de cor verde que lle dá un toque de cor.
Espero que vos guste a combinación de sabores que escollín
para esta ocasión.
Diego Cordeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario