miércoles, 12 de febrero de 2014

SALTEADO DE PORCO CON AMENDOAS EN SALSA DE SOIA

      Coma sempre, sigo buscando as influencias de oriente para preparar receitas sinxelas nas que se resalten máis os sabores. Nesta receita optei por un salteado de raxo de porco con verduras frescas e améndoas, que lle aportan un toque fresco e crocante.

Ingredientes para 4 persoas:
  • ·       1 kg de porco (raxo)
  • ·       1 cebola
  • ·       1 pemento
  • ·       150 gr. champiñóns
  • ·       100 gr. améndoas
  • ·       3 dentes de allo
  • ·       50 cl. salsa de soia
  • ·       50 cl. aceite de oliva
  • ·       Azucre moreno
  • ·       200 gr. de fideos chinos
  • ·       Pementa
  • ·       Xenxibre

      O primeiro paso é cortalo raxo de porco en dados máis ou menos iguais e engadimos pementa, un belisco de xenxibre en po e azucre moreno. O xenxibre e o azucre moreno daranlle un toque fresco e daranlle un lixeiro caramelizado cando o salteemos. Partimos as verduras tamén en dados máis ben grandes.

    
    Nun wok con aceite de oliva ben quente botamos o porco doramos lixeiramente e engadimos as verduras. Removemos enerxicamente para que se cociñen por igual.
     Por ultimo engadimos as améndoas enteiras ou picadas como máis vos gusten, eu optei por améndoas en anacos. Terminamos coa salsa de soia, baixamos o lume e deixamos cocer durante uns 5 minutos.

     Empratamos e acompañamos con uns fideos chinos, que poderiamos saltear, previamente cocidos, coa carne.
                                                                            DIEGO CORDEIRO.
                                            


jueves, 6 de febrero de 2014

CUPCAKES DE MELOCOTÓNS


O día que descubrín o mundo dos cupcakes dinme conta das grandes posibilidades e opcións que dan para desenrolar calquera idea que se me ocorra, dende doces a salgados. Pronto farei algunha creación salgada adaptada a cociña da nosa terra. Resulta que, a miña froita preferida son os melocotóns, e pensei introducila nun cupcake, e este é o resultado.


Ingredientes para a base:
·        120 gr. manteiga
·        180 gr. azucre
·        3 ovos
·        230 gr. fariña
·        2 culleriñas de royal
·        120 ml. Leite
·        1 culleriña de esencia de vainilla
·        4 metades de melocotón en xarope (ou se están de tempada 2 pezas)


Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos un a un batendo a velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo, ata que sexa homoxéneo.
       Despois de engadimos o leite e  rematamos co resto da fariña.
Por último, cortamos o melocotón en xarope en anaquiños pequenos e mesturamos con moito coidado.
       Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
       Enchemos ata a metade as cápsulas e introducimos a bandexa no forno  durante uns 20 ou 25 minutos.

Ingredientes para o recheo:
·        300 gr.  melocotóns
·        100 gr.  azucre
Cortamos o melocotón en anacos pequenos e poñemos nun cazo xunto co azucre e poñemos o lume ata que o melocotón este brandiño.
Coa a axuda dun descorazoador ou, se non tedes, coa axuda dun coitelo, facemos un buraco no centro do cupcake que vamos a encher coa confitura de melocotón.


Ingredientes para a crema:
·        200 gr. queixo philadelfia
·        50 ml. Nata
·        50 gr. azucre
·        Aroma de flor de azahar
           
          Para a parte superior do biscoito imos preparar unha crema moi suave e deliciosa de queixo. Poñemos os ingredientes nun recipiente e batemos ata conseguir que teña consistencia.

            Coa axuda dunha manga pasteleira, decoramos as casullas cunha roseta da crema de queixo. Na parte superior decoramos con un anaco de melocotón, que será a guinda para un cupcake realmente delicioso.
                                                                                  DIEGO CORDEIRO.


 CUPCAKE MELOCOTONS

jueves, 30 de enero de 2014

BACALLAU CONFITADO CON LARANXA SOBRE CEBOLA E CHERRYS

                O peixe que se leva a coroa en Galicia é sen lugar a dubidas o bacallau. E aproveitando que estamos en tempada de laranxas decidín introducilas no prato de hoxe dunha maneira que seguro que vos gustará.


Ingredientes para 4 persoas:
  • ·        4 lombos de Bacallau desalgado
  • ·        2 Laranxa
  • ·        1 cebola
  • ·        2 dentes de allo
  • ·        150 gr. tomate cherry
  • ·        200 ml. Aceite oliva
  • ·        2 follas de citronela
  • ·        200 gr. de arroz basmati
  • ·       SAL

Collemos os catro lombos de bacallau e os introducimos nunha bolsa de vacio xunto co aceite 1 dente de allo, a pel de laranxa, as follas de citronela e un dente de allo e confitamos o baño maría durante 5 minutos a 65ºC. En caso de non ter maneira de poder envasar o vacio, facemolo directamente nun cazo co aceite e os mesmos ingredientes antes mencionados a una temperatura nunca superior a 70ºC.


Nunha tixola poñemos un pouco de aceite, a cebola picada en xuliana, o allo e una vez pochada engadimos uns cherrys e o zume de laranxa das laranxas que pelamos anteriormente e deixamos cociñar durante uns dez minutos a lume moderado.

Empratamos poñendo de cama a salsa e sobre ela o lombo de bacallau e acompañamos con uns gallos de laranxa lixeiramente caramelizados e arroz basmati que será unha guarnición que compaxinara moi ben co prato.
                                                                                          DIEGO CORDEIRO.

BACALLAU CONFITADO CON LARANXA

lunes, 20 de enero de 2014

TIRAMISÚ & BROWNIE


                Se fago unha enquisa entre todos sobre os vosos doces favoritos, estou seguro que os máis repetidos serían o tiramisú e o brownie. Polo menos son os meus preferidos, o tiramisú apórtame cremosidade e delicadeza e o brownie intensidade e sabor. Un dia plantexeime ¿ porque non unir os dous reis da nosa sobremesa?


Ingredientes para a base de brownie:
  • ·        4 ovos
  • ·        50 gr. fariña
  • ·        150 gr. manteiga
  • ·        200 gr. chocolate
  • ·        150 gr. azucre

  Nun recipiente poñemos a manteiga e chocolate en anacos pequenos e fundimos no microondas, tendo coidado de ir removendo cada pouco para que non se queime.
Noutro bol mesturamos o azucre, fariña e os ovos. Incorporamos o chocolate e manteiga fundida anteriormente e mesturamos. Verter nunha bandexa e enfornar a 180ºC durante 20-25 minutos.


Ingredientes para o tiramisú:
  • ·        4 ovos
  • ·        200 gr. azucre
  • ·        400 gr. queixo mascarpone
  • ·        750 gr. nata
  • ·        6 follas de xelatina

Montamos os ovos coa metade do azucre e por outro lado semimontamos a nata, o queixo e o resto do azucre.
Hidratamos as follas da xelatina e as fundimos nun pouco de nata e incorporamos as dúas mesturas anteriores.
O seguinte paso e calar o brownie con una mestura de café con licor de amareto. E vertemos a crema de tiramisú sobre o brownie, deixamos na neveira como mínimo 12 horas se sodes capaces de non tocalo neste tempo claro.

Espolvoreamos con cacao en pó e a gozar dunha unión Italo-alemana que non vos decepcionara.
                                                                                                         DIEGO CORDEIRO.
 TIRAMISÚ & BROWNIE


jueves, 16 de enero de 2014

ESPAGUETIS CON CREMA DE LEITE E GAMBÓNS



         Cantos días chegas a casa despois dun largo día de traballo, abres a neveira e resulta que esta baleira. ¿E agora que fago de cear? Esa é una pregunta que moi habitual nas nosas vidas. Pois iso mesmo pasoume onte, e votei man duns gambóns, nata líquida, queixo parmesano, medio pemento e unido todo isto a un pouco de pasta, saín airosamente do paso.


            Ingredientes para 4 persoas:
  • ·        400 gr. Espaguetis
  • ·        300 gr. Gambóns
  • ·        250 ml. Nata
  • ·        50ml. De manteiga
  • ·        ½  Cebola
  • ·        ½  Pemento verde
  • ·        1 Dente de allo
  • ·        50 gr. Queixo parmesano
  • ·        Sal
  • ·        Pementa Branca
  • ·        Perexil

    Comezamos pelando os gambóns, para así aproveitar as cabezas que  introduciremos nun cazo coa nata para que coza durante uns dez minutos para así realzar cun sabor intenso a mar que será sen dubida o toque especial do prato.


     Nunha tixola vamos refogar a cebola, o pemento e o allo picados moi finamente coa manteiga, una vez pochados os vexetais engadimos os gambóns. Mollamos coa nata, xa colada das cabezas dos gambóns, e deixamos cocer a lume baixo uns cinco minutos
    Aparte cocemos os espaguetis deixándoos ó dente, escurrimos e engadimonos a nosa salsa para que coza dous minutos así colle o sabor dos gambóns.
    Terminamos cun un pouco de queixo parmesano, perexil picado e rectificamos de sal e a saborear o prato.

                                                                                                                       Diego Cordeiro.

 Espaguetis con Crema de Leite e Gambóns

sábado, 11 de enero de 2014

CUPCAKES DE CHOCOLATE CON CREMA DE QUEIXO MASCARPONE


            A quen non se lle fai a boca auga so de pensar en chocolate? Pois para todos os chocoadictos pensei nunha receita que seguro que vos gustara. E hai para todos os gustos, por que pensei en suavizar e o mesmo tempo en realzar o cupcake, con una crema de queixo Mascarpone.


Ingredientes para 12 bases:

  • 115 gr. Manteiga a temperatura ambiente
  • 120 gr. Azucre
  • 2 ovos
  • 150 gr. Fariña
  • 50 gr. Cacao
  • 1 culleriña e media de levedo royal
  • 1 culleriña de estrato de vainilla
  • 140 ml. leite

Poñemos a bater a manteiga co azucre, a manteiga que este a temperatura ambiente, ata que a mestura quede mais branca. Engadimos os ovos, de un de un, sen deixar de bater ata que se incorporen por completo.
            O seguinte paso e engadir a metade da fariña, previamente tamizada, batendo a velocidade baixa e de seguido incorporamos a leite, a vainilla e seguimos batendo. 


Cando xa este ben mesturado terminamos de engadir a outra metade da fariña e o lavedo, e batemos ata que quede una mestura homoxénea.
            Encendemos o forno a 180ºC para que se vaia quentando, e preparamos a bandexa para cupcakes con 12 casullas de papel e repartímola mestura sen enchelas mais de 2/3.
            Forneamos entre 20 e 25 minutos, para asegurarnos de que están ben feitos introducimos un palillo ata que saia limpo.
            Deixamos enfriar os cupcakes uns 5 minutos. 


Ingredientes para a crema:

  • 200 gr. Queixo Mascarpone
  • 50 ml. Nata
  • 50 gr. Azucre

            Para a parte superior do biscoito de chocolate vamos preparar unha crema moi suave e deliciosa de queixo Mascarpone. Poñemos os ingredientes nun recipiente e batemos ata conseguir que teña consistencia.

            Coa axuda dunha manga pasteleira decoramos as casullas cunha roseta da crema de queixo. Cubrimos a superficie con un pouco de cacao en pó e decoramos o gusto de cada un, eu fixen unhas pequenas chocolatinas que quedan moi simpáticas.
                                                                                                                         Diego Cordeiro.
 Cupcakes de chocolate con crema de queixo Mascarpone


jueves, 2 de enero de 2014

POLO CON PIÑA O CURRY


    Na receita desta semana, mesturo varios elementos culinarios de distintos países, como o curry, o wok e a piña. No noso país a piña non pasa de tomarse ó natural ou nalgunha receita de repostería, pero sen dúbida a piña e un bo complemento para a nosa cociña, apórtalle un toque doce, e un sabor e aroma único. Esta receita e moi sinxela, moi económica e rápida de facer.



Ingredientes para 4 persoas:
·        1 kg de peitugas de polo
·        ½  piña fresca
·        1 cebola
·        ½ pemento vermello
·        ½ pemento verde
·        100 gr. champiñóns
·        3 dentes de allo
·        1 culler de curry
·        1 culler de salsa de soia
·        100 ml. de aceite de oliva
·        Perexil
·        Sal e pementa branca

    O primeiro que facemos e cortamos peitugas do polo en cadrados do mesmo tamaño, salpimentamos e reservamos.
    Facemos o mesmo coa cebola, os pementos e os champiñóns que optamos por cortalos en cuartos. Limpamos a piña da codia exterior, retirámoslle o tronco interior e de seguido, repetimos o mesmo corte que no polo e nas verduras, para que todos os ingredientes vaian cortados dunha forma similar e xogar con distintos tipos de texturas a hora de comelas.



     Nun wok, se non tedes nunha tarteira, votámoslle aceite de oliva e cando este ben quente engadímoslle as verduras e salteamos durante un minuto. De seguido engadimos o polo e removemos outro minuto e rematamos coa piña. Baixámoslle o lume a metade e terminamos coa salsa de soia e o curry, dous elementos que lle aportaran forza e aroma o noso polo.

    Deixamos cocer durante uns dez minutos a lume moderado, a piña irá soltando liquido, o que fará que se ligue cos demais ingredientes. 

Bo proveito.                                                                      Diego Cordeiro.