viernes, 5 de diciembre de 2014

Arroz Verde de Grelos e Chourizo

Esta receita foi froito da casualidade. Estaba preparando un licuado de grelos, para facer unha tapa para un concurso e resultou que fixen moita cantidade. Aproveitando que era xusto a hora de comer e decidín empregalo para facer o almorzo. “Na casa do galego non se tira nada” ¿cantas veces escoitariades dicir iso a vosos pais ou avós?



Ingredientes para 4 persoas:

·        325 gr. Arroz
·        1,2 l. De caldo de polo ou verduras
·        300 gr. Grelos
·        1 ceboliña
·        ½ pemento verde
·        1 dente de allo
·        2 chourizos
·        50 cl. Aceite oliva
·        Sal e pementa

Comezamos limpando ben os grelos de canos e lavámolos ben. Poñémolos a cocer nun caldo de polo ou verduras para suavizar o sabor dos grelos.Se non levaría por diante o resto de sabores do arroz. Unha vez cocidos trituramos e mantemos en quente.


Nunha tarteira aparte poñemos un chorriño de aceite de oliva e refogamos un dente de allo, unha cebola e medio pemento, picados en anacos ben pequenos. Unha vez ben refogados, engadimos os chourizos picados en anacos removemos. De seguido incorporámolo arroz. Imos mollando pouco a pouco co caldo reservado e removendo de vez en cando. Rectificamos de sal.
Cocemos durante 15 minutos e deixamos repousar tapado outros 5 minutos.

Quedara un arroz moi curioso con esa cor verde e con un intenso e contundente sabor.
                                                                                                Diego Cordeiro.
 Arroz Verde de Grelos e Chourizo

sábado, 22 de noviembre de 2014

Cupcakes de Arandanos

Continúo ampliando o meu compendio de receitas de cupcakes. Nesta ocasión decidín facelos de arándonos. O máis delicioso destes cupcakes é a explosión de sabor dos  froitos vermellos, que quedan enteiros na base, ó metelo na boca, ¡Vaivos encantar!.


Ingredientes para os 12 biscoitos:

         ·        100 gr. manteiga a temperatura ambiente.
         ·        150 gr. de azucre.
         ·        3 ovos
         ·        150 gr. de fariña
         ·        1 culleriña de levedo Royal.
         ·        90 ml. de leite.
         ·        Aroma de vainilla
         ·        100 gr. arándonos

Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta, ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos un a un, con velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo ata que sexa homoxéneo.
Despois de engadímo-lo leite e  rematamos co resto da fariña.
     Pre-quentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
Enchemos ata a metade as casullas, repartimos en cada casulla uns tres ou catro arándonos e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.


Ingredientes para o frosting de arándonos:

·        150 gr. manteiga
·        150 gr. queixo philadelphia
·        200 gr. icing sugar (ou azucre glass)
·        100 gr. confeito de arándonos

Nun recipiente batemos a conciencia a manteiga a temperatura ambiente xunto co icing sugar, eu utilicei azucre glass, ata que quede una textura moi cremosa e totalmente branca. Chegados a ese punto engadimos o queixo philadelphia e seguimos batendo ata conseguir unha crema con consistencia e moi suave. Para terminar engadimos a confeito de arándonos que eu fixen na casa, pero podedes compralo xa feito, e mesturamos ata que se incorpore por completo.
Comezamos co montaxe no que coa axuda dunha manga pasteleira vamos facer unha roseta na parte superior da madalena de arándonos, nesta ocasión optei por utilizar unha boquilla lisa. Terminei decorando con dous arándonos que coroan estes deliciosos cupcakes.
                                                                                             Diego Cordeiro.
 Cupcakes de Arandanos



domingo, 16 de noviembre de 2014

Lombo de Cervo o Tomillo

O cervo e unha carne completamente descoñecida nas nosas cociñas, é unha carne de caza que ten un punto de bravío pero que con un lixeiro adobado conseguiremos que notemos ese sabor intenso e cheo de matices resulten agradables no padal.


Ingredientes para 4 persoas:
        ·        800 gr. de lombo de cervo
        ·        500 ml. viño tinto
        ·        2 cenorias
        ·        1 porro
        ·        2 ramiñas de tomiño fresco
        ·        Pementa negra en gran
        ·        100 gr. fresas
        ·        50 gr. manteiga
        ·        50 ml. vinagre de Módena
        ·        50 gr. azucre
        ·        Sal

Comezamos limpando o lombo de cervo de tendóns e vamos poñelo nun adobo lixeiro de viño para quitarlle o bravío e que a carne quede moito máis branda. Para a adobo poñemos nun recipiente o viño tinto co allo porro e as cenorias cortadas en rodas, as ramas de tomiño e un puñado de grans de pementa negra. Deixaremos a carne adobada na neveira durante 12 horas aproximadamente.


Escorremos ben a carne,  sazonaremos e marcamos lixeiramente o contorno de todo o lombo. Poñemos nunha bandexa de forno xa que o vamos a terminar deste xeito.
Nunha tixola pequena salteamos as fresas na manteiga e engadimos un pouco de azucre para que se acaramelen lixeiramente e reservamos para logo acompañar ó lombo.

Introducimos no forno o lombo durante 8 minutos a unha temperatura de 190ºC. Cortamos en rodas para que se vexa esa cor tan intensa da súa carne e decoramos coas fresas acarameladas e dunha redución de Módena.
                                                                                              Diego Cordeiro.
 Lombo de Cervo o Tomillo

jueves, 6 de noviembre de 2014

Cupcakes de Cookies

     ¿A quen non lle gustan unha cookie? Con seus anaquiños de chocolate,  ese intenso sabor e o toque crocante. Intentei plasmar esa sensación da forma máis semellante posible, a ver que vos parece.


    Ingredientes para os 12 biscoitos de cookies:
            ·        100 gr. manteiga a temperatura ambiente.
            ·        150 gr. de azucre.
            ·        3 ovos
            ·        150 gr. de fariña
            ·        1 culleriña de levedo royal.
            ·        90 ml. de leite.
            ·        Aroma de vainilla
            ·        Un puñado de chips de chocolate.

Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos un a un cunha velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo, ata que sexa homoxéneo.
Despois engadimos o leite e  rematamos co resto da fariña e chips de chocolate.
     Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
     Enchemos ata a metade as casullas e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.

Ingredientes para o frosting de cookies:
·        150 gr. manteiga
·        180 gr. icing sugar o azucre glass
·        50 gr. queixo philadelphia
·        60 gr. de cookies


Nun bol poñemos a manteiga o azucre glass e o queixo philadelphia e comezamos a bater ata conseguir integrar completamente  os ingredientes.
O punto perfecto será cando a buttercream aumente lixeiramente o seu volume e colla unha cor máis branca. Una vez o consigamos, engadimos as cookies reladas e volvemos bater ata que queden ben integradas.

Rematamos a montaxe coa axuda dunha manga cunha boca rizada e facemos unha roseta na parte superior da base, decoramos cunhas mini cookies para rematar. 
                                                                                                 Diego Cordeiro.
 Cupcakes de Cookies

miércoles, 1 de octubre de 2014

Pastel Fluido E Quente De Chocolate

A quen non lle apaixoa o chocolate? Esta semana tráiovos un doce moi goloso que seguro que algunha vez probachedes, como é o couland de chocolate. O Couland e un biscoito que se caracteriza por ter no interior un centro semilíquido. Invítovos a probar e facelos na casa, o resultado e moi satifactorio.


Ingredientes para a pastilla de chocolate do interior:

           ·        120 gr. chocolate
           ·        200 gr. nata
           ·        50 gr. manteiga
           ·        60 ml. auga
           ·        15 gr. café descafeinado

A pastilla e o que leva no interior do biscoito e a parte que o forneala queda liquida no interior.
Comezamos fundindo o chocolate nun bol e imos engadindo os ingredientes pouco a pouco e removendo ata que quede una mestura homoxénea. Votamos a mestura en moldes de silicona do tamaño dun chupito e introducimos no conxelador ata que se solidifique.

Ingredientes para a mouse:

           ·        220 gr. chocolate
           ·        100 gr. manteiga
           ·        80 gr. fariña de améndoas
           ·        4 xemas de ovo
           ·        4 claras de ovo
           ·        180 gr. azucre

Fundimos o baño maría o chocolate  unha vez fundida retiramos do calor e vamos engadindo pouco a pouco a manteiga en anacos pequenos, a fariña de améndoas e as xemas ovo. Aparte nun recipiente montamos as claras de ovo e engadímoslle o azucre e mesturamos con moito coidado coa masa anterior.
Escudillamos sobre moldes engraxados ata a metade e introducimos no interior a pastilla conxelada e terminamos por cubrir o molde. Deixamos no conxelador mínimo durante 6 horas.
Introducimos no forno a 180ºC sen descoxelar directamente quitados do frío durante 20 minutos. Recomendase tomar morna tirando a quente, pódese acompañar dunha bola de xeado ou como fixen eu dunha confeito natural para xogar con distintas temperaturas e matices.
                                                                                             Diego Cordeiro.
 Pastel Fluido E Quente De Chocolate

viernes, 19 de septiembre de 2014

Wok "Rias baixas"

Nesta ocasión volvo a unir a nosa terra, Galicia con o alonxado país da China con dúas culturas culinarias que, como xa sabedes,  apaixóname moito. Unión que, neste caso, quedou espectacular e moi potente nos sabores, debido ós ingredientes empregados.


Ingredientes para 4 persoas:

         ·        400 gr. Noodles
         ·        100 gr. Rape
         ·        12 und. Lagostinos
         ·        100 gr. berberechos
         ·        8 navallas
         ·        100 gr. mexillóns
         ·        8 und. Pinzas de boi
         ·        1 cebola
         ·        1 dente de allo
         ·        100 gr. champiñóns
         ·        1 pemento vermello
         ·        50 ml. zume de piña
         ·        50 ml. salsa de tomate
         ·        20 ml. vinagre
         ·        20 ml. salsa de soia
         ·        50 ml . fumet de peixe
         ·        50 ml. aceite de oliva
         ·        150 gr. fariña
         ·        Xenxibre
         ·        Sal e pementa branca

Poñemos unha tarteira con auga e sal para cocer os noodles, que son uns tallaríns típicos chineses, e cando ferva cocémolos. Unha vez cocidos  arrefriamos e reservamos.

Aparte vamos a facer unha salsa mariñeira pero coa variante que a vamos a facela agridoce. Comezamos poñendo nun cazo un chorriño de aceite de oliva no cal poñemos a dourar un dente de allo, media cebola e medio pemento vermello todo ben picadiño. Unha vez pochadas as verduras ligamos coa fariña e mollamos de seguido co vinagre deixando reducir. Terminamos co zume de piña que lle aportara o toque doce a nosa salsa mariñeira agridoce, con un chorriño de salsa de tomate e fumet de peixe. Deixamos cocer durante uns 5 minutos para que os sabores se integren entre si e quede ben ligada.

Comezamos a cocer todos os mariscos menos os lagostinos e retiramos de cunchas e reservamos para logo saltear.


Para rematar poñemos nun wok aceite de oliva e quentamos ben, comezamos engadindo as verduras cortadas en xuliana. Continuamos engadindo o rape cortado en dados e os lagostinos pelados e removemos enerxicamente para que todos os ingredientes se fagan por igual. Seguimos engadindo ingredientes neste caso os mariscos cocidos e de seguido xa engadimos un chorriño de salsa de soia, a salsa mariñeira agridoce e os noodles que tiñamos reservamos. Deixamos cocer durante 2 minutos aproximadamente e a gozar dun prato que une dous países.
                                                                                                Diego Cordeiro.
 Wok "Rias Baixas"

viernes, 12 de septiembre de 2014

Ravilolis Recheos de Doce de Cabaza Sobre Crema Espumosa de Bévera

Esta semana optei por facer unha sobremesa un pouco distinta con uns sabores intensos como a bévera e un ingrediente pouco explotado na nosa gastronomía como é a cabaza e sempre utilizada para alimentar o ganado. Espero que vos guste a combinación e que non deixará a ninguén indiferente.


Ingredientes para 4 persoas:

          ·        1 Prancha de masa de Follado (Hojaldre)
          ·        8 bévera
          ·        1 cabaza
          ·        200 gr. azucre
          ·        100 dl. leite
          ·        50 gr. arándonos e grosellas
          ·        1 ovo
          ·        1 folla de xelatina
          ·        10 gr. lecitina de soia

Pelamos e limpamos a cabaza da pel e carabuñas, cortámola e poñemos a cocer nunha tarteira con auga. Unha vez cocida escorremos ben e poñemos nun cazo xunto co azucre e unha chisca de auga e facemos  confeito. Pasamos por un pasapurés e arrefríamos.

Aparte vamos preparando para enchelos ravioli e comezamos cortando a masa de follado con a axuda dun cortapastas do tamaño que desexado por cada un e no centro colocamos un pouco de confeito da cabaza. Untamos os bordes con ovo batido e cerramos con outro anaco de masa de follado e reservamos.


Aparte pelamos e limpamos ben as béveras e as pasamos pola turmix xunto co leite e a metade do azucre a cola de xelatina, previamente hidratada. Deixamos repousar en frío para que a xelatina actúe sobre a mestura e engadimos a lecitina de soia coa axuda da túrmix montamos formando aire para que a crema quede con unha textura espumosa.


Terminamos fritindo os ravioli en aceite de xirasol, que aporta menos sabor a que o de oliva, e pasamos por azucre. Presentamos poñendo a crema de béveras no fondo dun prato fondo e colocando enriba os ravioli de cabaza.
                                                                                               Diego Cordeiro.
 ravilis recheos de doce de cabaza sobre crema espumosa de béveras