martes, 3 de diciembre de 2013

MASA BOLLERIA FRITA (DONUTS)



A receita de esta semana estou seguro que vos vai gustar  e  non teñen nada que envexarlle ós Donutscomprados. Esta receita é sinxela de facer, so fai falla un pouco de tempo de espera para que a masa fermente.
Para a esponxa:
  • 200 gr. de Fariña de forza
  • 40 gr. de levedo
  • 120 ml. Auga

Nun bol introducimos todos os ingredientes e amasamos, una vez conseguida a nosa masa introducímola nun recipiente con auga quente. Deixámola o tempo necesario ata que dobre o seu volume.
Ingredientes para a masa:
  •  400 gr. fariña de forza
  •  400 gr. fariña frouxa
  • 120 gr. de azucre
  • 15 gr. sal
  •  100 gr. de manteiga
  •  3 ovos
  •  150 ml. De auga
  • 100 ml. De leite
  • Noz moscada
  • Aroma de laranxa ou ralladura.

      Facemos un volcán coa fariña e o azucre e no seu interior introducimos o resto de ingredientes e a esponxa feita anteriormente ben escorrida da auga. Amasamos durante un par de minutos ata que conseguimos unha masa homoxénea e deixamos u durante 5 minutos en bloque.
Estiramos a masa ata un 1 cm. De grosor ou superior dependendo o grosor que nos interese conseguir e o tamaño do rosco (donuts), e cortamos con un cortapastas do tamaño escollido e repetimos con outro cortapastas de menor tamaño para o burato do interior, podemos facelo sen burato por si os queremos para reencher dunha crema ( opción máis que recomendable para os máis lambeteiros). Deixamos Fermentar nun lugar cunha temperatura sempre superior a 30º C durante o tempo necesario ata que dobre o seu volume.
Friximos en aceite vexetal a uns 180ºC os nosos roscos, aproximadamente uns 50 segundos por cada lado, retiramos do aceite e poñémolos sobre papel absorbente.
Acto seguido os podemos decorar da maneira que máis nos guste, con chocolate ou da forma orixinal o glaseado.
Para o glaseado:
  • 1 Clara de ovo
  • 200 gr. azucre glass 
  •  Unas gotas de limón

Nun recipiente  mesturamos a clara de ovo, as gotas de limón e vamos engadindo o azucre ata que quede  homoxéneo e sen grumo, ten que quedar un pouco liquida pero con algo de consistencia para que os nosos roscos queden ben glaseados. Podemos votarlle distintos tipos de colorantes para darlle unha cor máis chamativa para os peques da casa. Pasámolos polas dúas caras e poñémolos sobre unha reixa para que escorra o excedente de glasa.

Gozade da receita e seguro que sorprendedes con un almorzo que a todos nos gusta pero coa diferenza que son totalmente sans e feitos con ingredientes naturais que todos temos na casa, xa que os comprados están bos pero deus sabe o que lle votan.



No hay comentarios:

Publicar un comentario