miércoles, 12 de febrero de 2014

SALTEADO DE PORCO CON AMENDOAS EN SALSA DE SOIA

      Coma sempre, sigo buscando as influencias de oriente para preparar receitas sinxelas nas que se resalten máis os sabores. Nesta receita optei por un salteado de raxo de porco con verduras frescas e améndoas, que lle aportan un toque fresco e crocante.

Ingredientes para 4 persoas:
  • ·       1 kg de porco (raxo)
  • ·       1 cebola
  • ·       1 pemento
  • ·       150 gr. champiñóns
  • ·       100 gr. améndoas
  • ·       3 dentes de allo
  • ·       50 cl. salsa de soia
  • ·       50 cl. aceite de oliva
  • ·       Azucre moreno
  • ·       200 gr. de fideos chinos
  • ·       Pementa
  • ·       Xenxibre

      O primeiro paso é cortalo raxo de porco en dados máis ou menos iguais e engadimos pementa, un belisco de xenxibre en po e azucre moreno. O xenxibre e o azucre moreno daranlle un toque fresco e daranlle un lixeiro caramelizado cando o salteemos. Partimos as verduras tamén en dados máis ben grandes.

    
    Nun wok con aceite de oliva ben quente botamos o porco doramos lixeiramente e engadimos as verduras. Removemos enerxicamente para que se cociñen por igual.
     Por ultimo engadimos as améndoas enteiras ou picadas como máis vos gusten, eu optei por améndoas en anacos. Terminamos coa salsa de soia, baixamos o lume e deixamos cocer durante uns 5 minutos.

     Empratamos e acompañamos con uns fideos chinos, que poderiamos saltear, previamente cocidos, coa carne.
                                                                            DIEGO CORDEIRO.
                                            


No hay comentarios:

Publicar un comentario