lunes, 17 de febrero de 2014

BISCOITO DE FRAMBOESA E MAZÁ ÁCIDA


A quen non lle gustan os muffins e as framboesas? Pois un día púxenme mans a obra a facer uns muffins de framboesa e mazá para engadir o meu receitario, xa que, de momento non engadín ningunha versión deste doce. Resultou que non tiña casullas de muffins, e decidinme por facer un tipo de biscoito botando toda a mestura nun molde, e o resultado foi máis que bo.

Ingredientes:



  • ·       4 ovos
  • ·       400 gr. azucre
  • ·       500 gr. fariña
  • ·       200 gr. manteiga
  • ·       240 gr. leite
  • ·       200 gr. framboesa
  • ·       ½ mazá Granny Smith
  • ·       2 culleradas de levedo Royal
  • ·       Aroma de vainilla


Nun bol batemos a manteiga co azucre ata conseguir que se branquee e quede completamente integrados.
O seguinte paso é ir engadindo os ovos un a un, batendo cada vez que engadimos un, para que o biscoito quede máis esponxoso.
Por último, incorporamos o leite e o aroma de vainilla e mesturámolo con coidado, repetimos a mesma operación coa fariña e o levedo.
Botamos a mestura sobre un recipiente de forno previamente cuberto con manteiga e fariña para que sexa máis sinxelo desmoldalo. Sobre a superficie engadimos as framboesas e a mazá pelada e picada en dados moi pequenos.
Introducimos ó forno, previamente quente a 180ºC durante 30 minutos, e posible que dependendo do forno sexa necesario darlle 10 minutos máis de cocción.



Espero que vos guste este biscoito cheo de sabor e con toques doces e ácidos, avísovos que cada bocado que conteña una framboesa e coma una explosión na boca. Sen dúbida o resultado é impresionante.
                                                                             DIEGO CORDEIRO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario