sábado, 12 de julio de 2014

Risotto cremoso de torta do Casar con shiitake e polo

 Volvo a decantarme por facer un risotto, un prato que me apaixona polo cremoso que queda. Nesta ocasión empreguei dous ingredientes, seta shiitake e queixo torta do Casar. O queixo torta do Casar é un queixo Estremeño feito con leite de ovella e que se caracteriza por ter unha textura untuosa e un sabor intenso.


Ingredientes para 4 persoas:
        ·        325 gr. de arroz (Arborio).
        ·        200 gr. seta shiitake
        ·        150 gr. peituga de polo
        ·        1 ceboliña.
        ·        1 dente de allo.
        ·        50 cl. de aceite de oliva.
        ·        100 ml. de nata.
        ·        100 gr. queixo Torta do Casar.
        ·        1.5 l. de caldo de polo.
        ·        Sal e pementa.

Nunha tarteira poñemos no fondo un chorro de aceite de oliva e fondeamos un dente de allo xunto con unha cebola picadas fino. Unha vez pochadas engadimos a peituga cortada en dados e as setas shiitake, no meu caso eran pequenas e utiliceinas enteiras. Refogamos ben.


 Incorporamos o arroz e imos mollando progresivamente con un caldo de polo quente e sen deixar de remover para que o arroz se vaia ligando. Facemos este proceso durante 15 minutos con lume baixo. A proporción de caldo para mollar un risotto é por un cazo de arroz, catro de caldo, pero pode variar dependendo do arroz, así que recomendo ser flexible segundo o tipo de arroz.

Para rematar engadimos o queixo e a nata removemos e cocemos dous minutos mais para que se incorporen ben todos sabores entre si, apagamos e recomendo deixar repousar un par de minutos para que este no seu punto óptimo de consumo.
                                                                          Diego Cordeiro.
                                           
 Risotto cremoso de torta do casar con shiitake e polo

No hay comentarios:

Publicar un comentario