lunes, 30 de junio de 2014

Cupcakes de Licor Café


Na procura de novos sabores para incorporalos nas receitas dos cupcakes esta vez probei con algo que nunca falta nunha sobremesa en calquera parte de Galicia, o licor café. Quixen integrar todo o sabor e toda a forza que contén o licor café, polo que non quixen facelos suaves se non serian cupcakes de café. O resultado non vos decepcionará.

Ingredientes para 12 bases:
       ·        115 gr. manteiga
       ·        120 gr. azucre
       ·        3 ovos
       ·        200 gr. fariña
       ·        1 ½  culler de levadura royal
       ·        60 ml. Leite
       ·        60 ml. Licor café

Poñemos nun recipiente a manteiga, co azucre e batemos ata conseguir unha masa cremosa.
Engadimos os ovos, un a un, e removemos. Logo incorporamos a metade da fariña, previamente peneirada, xunto co levedo e mesturamos ata que desfagamos todos os grumos.
Para rematar engadimos o leite e o licor café, removemos e terminamos coa outra metade da fariña.
Repartimos en doce casullas nunha bandexa e introducimola no forno, previamente prequentado a 180ºC, cocemos durante 15 ou 20 minutos.


Ingredientes para a crema:
        ·       200 gr. queixo mascarpone 
        ·       50 ml. Nata
        ·       50 ml. Licor café
        ·       50 gr. azucre

    Poñemos os ingredientes nun recipiente e batemos ata conseguir que teña consistencia. Coa axuda dunha manga pasteleira, decoramos as casullas cunha roseta.

Para decoralas poñemos na parte superior unha guinda que previamente puxemos a macerar en licor café 24 horas antes, para darlle un toque máis intenso e rematamos con un pouco de azucre moreno. 
                                                                             Diego Cordeiro.
                                         
 Cupcakes de licor café

2 comentarios:

  1. Hola Diego!! Son Paula, do blog Somosgolosos, e amiga de María Valverde! Vin que gañou uns cupcakes fabulosos coma estos e vin a coñecer o teu blog!! Tes unas receitas boisimas, e qué fotos tan chulas!! Que boa pinta ten todo!! Estes cupcakes de licor café teñen que estar de morte!! Xa me contará María xa.... ;-) Quédome seguíndote para non perderme nada e aprender moitas cousas de tí!! Un besiño!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias por seguirme, é moi gratificante que che guste o meu blog. Iso é boa señal é que non o fago moi mal jeje.

      Eliminar