jueves, 28 de agosto de 2014

Sorbete de Albariño Sobre Sopa Tibia de Mirabeles

      Hoxe quixen facer un postre de verán pero con un guiño ó emblema da terra que me acolle. O albariño é unha froita de tempada un pouco descoñecida como son os mirabeles. Esta receita está impresa no libro “365 días, 365 recetas” para o cal aportei varias receitas con produtos típicos da nosa terra.

Ingredientes para o sorbete:
         ·        500 ml. de viño Albariño D.O. Rias Baixas
         ·        50 gr. azucre
         ·        25 gr. glucosa
         ·        25 gr. estabilizante para sorbetes
         ·        Reladura de lima


     Quentamos o viño a lume moderado coa glucosa e removemos para que se disolva a glucosa. Engadimos o estabilizante para sorbetes co azucre e a reladura de lima, que lle vai a aportar un toque de frescor. A función do estabilizante para sorbetes é que o sorbete unha vez conxelado non se cristalice e non se separen os ingredientes, xa que, sempre tende a ir para o fondo do recipiente os azucres.
    Retiramos do lume xusto antes de que comece a ferver. Deixamos macerar oito horas no frío e pasamos pola xeadora.

Ingredientes para a sopa de mirabeles:

·        300 gr. de mirabeles
·        75 gr. azucre
·        75 gr. auga
·        2 follas de menta

     Comezamos limpando os mirabeles da carabuña e poñemos nun cazo co resto de ingredientes. Poñemos a lume baixo durante 45 minutos ata que quede unha confitura con consistencia. Pasamos pola túrmix e colamos para retirar os restos e impurezas e quede unha sopa suave de textura.
   Dispoñemos a base da sopa tibia de mirabeles nun prato fondo e enriba dúas culleradas de sorbete de albariño.

     Este é un doce con dúas texturas moi marcadas e diferenciadas, que seguro que vos sorprenderán.
                                                                                         Diego Cordeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario