domingo, 16 de noviembre de 2014

Lombo de Cervo o Tomillo

O cervo e unha carne completamente descoñecida nas nosas cociñas, é unha carne de caza que ten un punto de bravío pero que con un lixeiro adobado conseguiremos que notemos ese sabor intenso e cheo de matices resulten agradables no padal.


Ingredientes para 4 persoas:
        ·        800 gr. de lombo de cervo
        ·        500 ml. viño tinto
        ·        2 cenorias
        ·        1 porro
        ·        2 ramiñas de tomiño fresco
        ·        Pementa negra en gran
        ·        100 gr. fresas
        ·        50 gr. manteiga
        ·        50 ml. vinagre de Módena
        ·        50 gr. azucre
        ·        Sal

Comezamos limpando o lombo de cervo de tendóns e vamos poñelo nun adobo lixeiro de viño para quitarlle o bravío e que a carne quede moito máis branda. Para a adobo poñemos nun recipiente o viño tinto co allo porro e as cenorias cortadas en rodas, as ramas de tomiño e un puñado de grans de pementa negra. Deixaremos a carne adobada na neveira durante 12 horas aproximadamente.


Escorremos ben a carne,  sazonaremos e marcamos lixeiramente o contorno de todo o lombo. Poñemos nunha bandexa de forno xa que o vamos a terminar deste xeito.
Nunha tixola pequena salteamos as fresas na manteiga e engadimos un pouco de azucre para que se acaramelen lixeiramente e reservamos para logo acompañar ó lombo.

Introducimos no forno o lombo durante 8 minutos a unha temperatura de 190ºC. Cortamos en rodas para que se vexa esa cor tan intensa da súa carne e decoramos coas fresas acarameladas e dunha redución de Módena.
                                                                                              Diego Cordeiro.
 Lombo de Cervo o Tomillo

No hay comentarios:

Publicar un comentario