miércoles, 6 de noviembre de 2013

Cupcakes de castaña


     Que mellor maneira de estrear o blog que facendo un dos doces de máis fama nos últimos tempos, os cupcakes. Quixen adaptalo  á nosa terra e á época do ano, así que optei por facelos de castañas. 

             Para facer a base empregaremos os seguintes ingredientes:


·         90gr. manteiga a temperatura ambiente.
·         150gr. de azucre.
·         2 ovos
·         150gr. de fariña
·         1 culleriña de levadura royal.
·         90 ml. de leite.
·         Aroma de vainilla
·         Un puñado de chips de chocolate.

     Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos de un en un a velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo ata que sexa homoxéneo.

     Despois de engadimos o leite e  rematamos co resto da fariña e chips de chocolate. 

     Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as cápsulas para botar a masa. Enchemos ata a metade as cápsulas e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.




Para o recheo empregaremos os seguintes ingredientes:

·         150 gr de castañas.
·         150 ml. de leite.
·         40 gr. de azucre.

Poñer todos os ingredientes nun cazo e  cocer durante 30 minutos. Trituramos e reservamos.

Unha vez frías as bases coa axuda dun descorazonador de mazás baleiramos o interior e enchémolo coa metade da mestura anterior.


Para a crema empregaremos os seguintes ingredientes:

·         100 gr. de manteiga.
·         100 gr. de azucre glass.
·         100gr. da crema de castañas que reservamos do recheo.

Nun recipiente batemos a manteiga co azucre  ata que quede dunha cor branquecina e incorporamos a crema de castaña.

Coa  manga pasteleira decoramos as bases facendo unha roseta, terminando con un marron glace.

Este é o resultado.




Espero que vos guste a receita e que vos animedes a facela na casa e sacar o pequeno cociñeiro que levades dentro.

Un saúdo, 

Diego Cordeiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario