jueves, 14 de noviembre de 2013

Risotto "San Martiño"


















Esta semana foi San Martiño e como ben sabedes por “San Martiño trompos o camiño” e “mata o teu porquiño”, eu quixen facer referencia o segundo refrán popular e resaltar un dos mellores manxares que hai en Galicia que é o porco. Quixen adaptalo a un dos meus pratos favoritos que e o risotto.
Ingredentes para 4 persoas:
                          ·         100  gr. de cacheira de porco en salazón.
·         100  gr. de lacón de porco en salazón.
·         1 chourizo.
·         325 gr. de arroz (Arborio).
·         1 ceboliña.
·         1 dente de allo.
·         50 ml. de aceite de oliva.
·         1 dl. de nata.
·         100 gr. queixo parmesano.
·         1.5 l. de caldo de cocción da cacheira.
·         Perexil.
O dia anterior poñemos a cacheira e o lacón nun recipiente con abundante auga para que perda o salazón, cambiamos a auga dúas veces.
Nunha tarteira con auga poñemos a cocer durante 40 minutos a cacheira o lacón e o chourizo. Reservamos o caldo da cocción para mollar despois o noso risotto.
Aparte nun cazo botamos no fondo aceite de oliva e pochamos un dente de allo e unha ceboliña picadas finamente. Unha vez pochado engadimos o arroz e a cacheira, o lacón e o chourizo picados. Poñemos o lume baixiño e vamos engadindo o caldo pouco a pouco sen deixar de remover, así durante 20 minutos. A proporción de caldo para mollar un risotto e por un cazo de arroz catro de caldo, pero pode variar según arroz, así que recomendo ser flexible según o tipo de arroz.
Unha vez que o arroz este “o dente” apartamos do lume e terminamos con un chorriño de nata que lle dará cremosidade e queixo parmesano relado que potenciará o sabor do noso risotto.

Gozade do prato de hoxe, xa que é unha combinación que non vos decepcionara.


Diego Cordeiro





No hay comentarios:

Publicar un comentario