sábado, 1 de marzo de 2014

FILLOAS Á CAÑA TOSTADA RECHEAS DE NATA E FROITAS

                 Xa estamos no Entroido, unas datas do ano marcadas pola festa e os disfraces, pero sobretodo polos seus doces típicos: Orellas, flores, torradas, roscas de anís, bandullos … pero o máis popular sen dubida as filloas, ou polo menos o meu preferido.
            Coma sempre intento darlle o meu toque, ou mellor dito, o toque da nosa terra, optei por engadirlle caña tostada á masa. Un licor moi tradicional na nosa terra e que nunca falta nunha sobremesa despois dun bo cocido.
            Esta vez optei por facer o recheo dun xeito que o resultado fora delicado pero con sabor, nata con fresas e nata con mango. Dúas variantes, dous matices marcadas no noso padar.

INGREDIENTES:
  • ·        ½ litro de leite
  • ·        200 gr. fariña
  • ·        100 gr. azucre
  • ·        100 gr. manteiga
  • ·        4 ovos
  • ·        30 ml. caña tostada
  • ·        Sal
Nun bol mesturamos a fariña co azucre, removemos ata desfacer os grumos da fariña. Engadimos os ovos e volvemos remexer. Nun recipiente aparte fundimos a manteiga e incorporamos xunto coa caña a masa anterior. Por ultimo, engadimos o leite e o sal e mesturamos ata que non quede ningún grumo, en caso contrario pasamos por un chino.

Poñemos unha tixola ó lume e coa axuda dunha xerra engadimos unha pequena cantidade do liquido das filloas ata cubrir a superficie da tixola, canto máis fina quede máis ricas e máis cantidade nos sairán. Para darlle a volta axudámonos dunha culler de madeira e dos dedos. E así ata rematar toda  masa. Entre cada filloa imos engadindo  para evitar que se peguen entre elas.



Ingredientes para o recheo:
  • ·        ½ litro de nata
  • ·        75 gr. azucre
  • ·        100 gr. fresas
  • ·        100 gr. mango
O recheo é o máis sinxelo de todo so temos que montar a nata xunto co azucre e repartimos en dous recipientes. A un engadímoslle as fresas cortadas en pequenos anaquiños e ó outro o mango da mesma maneira.
So temos que reencher con unha pequena cantidade cada unha enrolalas e a gozar dun bocado do Entroido.


                     
                                                                  DIEGO CORDEIRO.

 Filloas o oruxo tostado recheas de nata e froitas



No hay comentarios:

Publicar un comentario