Ingredientes:
· ½ litro nata
· 4 ovos
· 4 follas de xelatina
· 80 gr. azucre
· 200 gr. do ingrediente
desexado (fresas, améndoas, figos,…)
· Chorriño de brandy
· Vainilla
· Biscoitos
Para comezar forramos os moldes rectangulares con
papel film para que nos sexa máis doado desmoldalo, unha vez este xeado.
Poñemos no fondo do molde biscoitos e os emborrachamos
con brandy.
Nun bol montamos a nata, noutro aparte 4 xemas, 2
claras de ovo e o azucre e por último noutro recipiente montamos dúas claras de
ovo a punto de neve.
Imos incorporando as xemas, a nata e acto seguido as
claras a punto de neve, sempre con moito coidado para que non se baixen.
Terminamos engadindo unha chisca de aroma de vainilla, as colas de xelatina
previamente hidratadas e fundidas e o ingrediente que lle vaiamos a incorporar.
Se é froita fresca picámola en anacos ben pequenos e se é un froito seco triturámolo
previamente coa nata.
Introducimos no molde e metemos no conxelador durante
24 horas.
Diego Cordeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario