miércoles, 28 de mayo de 2014

Vieiras Gratinadas

Ingredientes:
     ·        500 gr. carne de vieira
     ·        100 gr. Porro
     ·        100 gr. cenoria
     ·        100 gr. Cabaciña (calabacín)
     ·        1 dente de allo
     ·        100 gr. setas
     ·        80 gr. manteiga
     ·        80 gr. fariña
     ·        ½ litro leite
     ·        Sal, pementa, pemento doce, azafrán.


Comezamos cortando en xuliana fina todas as verduras. Nunha tarteira fundimos a manteiga e nela refogamos o allo, o porro e a cenoria. Pasados uns 5 minutos engadimos a cabaciña e as setas.
Unha vez ben pochadas as verduras incorporamos a carne das vieiras cortadas en lascas e removemos ben coas verduras. Salpimentamos e engadimos un toque de cor suave con media culler de pemento doce e unas febras de azafrán
Agora toca darlle o toque final, engadir a fariña. Removemos ata desfacela por completo e imos engadindo leite e removendo como se fora unha bechamel ata conseguir a consistencia desexada.
Repartimos en cunchas de vieira, poñemos un pouco de queixo relado na superficie e introducimos no forno a 190º C, ata que quede ben gratinado.

Podemos substituír as vieiras por calquera outro marisco.
                                                                                      Diego Cordeiro.
 Vieiras Gratinadas


No hay comentarios:

Publicar un comentario