lunes, 12 de mayo de 2014

Cañitas da aldea e recheos


Ingredientes para 75 unidades:
  •     150 ml. aceite de xirasol
  • 150 ml. Leite
  • 150 ml. Viño branco
  •   Fariña (a que admita)
  •  Anís
  •   Sal


Nun recipiente pesamos o aceite de xirasol, a leite e o viño branco. O aceite de xirasol podemos poñelo ó lume cunha pel de limón, para perfumalo e darlle un sabor máis intenso ás nosas “cañitas”. Engadímoslle un chorriño de anís o gusto, unha chisca de sal e pouco a pouco fariña ata conseguir unha masa homoxénea, maleable e que non se pegue ás mans.
Deixamos repousar durante uns 15 minutos.

Collemos unha cuarta parte da masa e estirámola ben. Coa axuda dun coitelo cortamos tiras do mesmo tamaño e imos enrolando sobre un molde sen que sobresaia da parte superior, para evitar que se nos rompa o desmoldalos.


O seguinte paso e fritilas en aceite de xirasol ben quente. Ó rematar, escorremos ben de aceite e desmoldamos en quente, que é moito máis sinxelo.










Para rematar, so falta reenchelas coa crema que máis nos guste. Pódese botar por riba con azucre glass ou decorar con chocolate e gránulo de améndoas. Tamen podemos facelas para un aperitivo, preparando un recheo salgado co que teñades pola casa ou máis vos guste, como salpicón de atún.  








     Ingredientes:
  • ½ litro leite
  • ½ litro zume laranxa
  • 150 gr. azucre
  • 90 gr. maicena
  • 3 xemas de ovo
  • 3 ovos
  • 25 gr. manteiga
  • Sal

Poñemos ó lume nun cazo a leite con unha pel de laranxa e noutro cazo o zume de laranxa. Sempre hai que poñelos por separado, xa que, a leite e os cítricos a temperatura ambiente córtanse. Unha vez quentes non hai perigo.
Noutro cazo preparamos a fariña, o azucre, e a maicena. Removemos ben coa axuda dunha variña para desfacer completamente os grumos. Terminamos engadindo os ovos, as xemas, a manteiga fundida, unha chisca de sal e mesturamos.
Incorporamos a leite e o zume xa quentes a esta mestura e poñémola ó lume. Removemos ata que comece a ferver, ten que quedar unha crema homoxénea e sen grumos. Deixar arrefriar.





   Ingredientes:
  • 1 litro leite
  • 150 gr. de azucre
  • 50 gr. fariña
  • 50 gr. maicena
  • 25 gr. manteiga
  • 2 ovos
  • 5 xemas de ovo
  • ½  rama de canela
  • A pel dun limón e laranxa
  • Sal

Poñemos ó lume o leite nun cazo, con un anaco de canela en rama e unha pel dun limón e dunha laranxa.
Noutro cazo preparamos a fariña, a maicena e o azucre e removemos ben con unha variña ata desfacer calquera grumo. Terminamos por engadir os ovos, as xemas, a manteiga derretida e un chisco de sal, seguimos removendo ata que se integren por completo todos os ingredientes.
Incorporamos a esta mestura o leite quente e poñemos ó lume removendo con unha variña ata que levante un fervor. Arrefriar ben e xa se pode utilizar para reencher calquera torta ou doce.






   Ingredientes:
  • 1/2 litro de nata
  • 350 gr. cobertura de chocolate
  • ½ nata para montar

Poñemos o lume nun cazo ½ litro de nata e no momento que levante o fervor apartamos do lume e engadímoslle o chocolate e removemos ben, ata que quede totalmente integrado coa nata.
Metemos na neveira ata que este ben fría.
Para montala temos que incorporarlle ½ litro de nata e batemos ata que esponxe e quede maleable, pero que se manteña.





Diego Cordeiro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario