domingo, 10 de agosto de 2014

Cupcakes de Cookies & Fresas

Dí a xente que os probou que é a mellor receita de cupcakes que fixen ata a data. Que se compaxinaban moi ben os sabores e que o resultado foi delicioso. A verdade é que cando me decidín por facer o frosting de fresas non pensaba que fora a ser así. Espero que vos animedes a facelos, non vos defraudará o resultado.


Ingredientes para os 12 biscoitos de cookies:

        ·        100 gr. manteiga a temperatura ambiente.
        ·        150 gr. de azucre.
        ·        3 ovos
        ·        150 gr. de fariña
        ·        1 culleriña de levedo royal.
        ·        90 ml. de leite.
        ·        Aroma de vainilla
        ·        Un puñado de chips de chocolate.

Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta, ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos de un en un a velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo ata que sexa homoxéneo.
Despois de engadimos o leite e  rematamos co resto da fariña e chips de chocolate.
            Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
            Enchemos ata a metade as casullas e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.


Ingredientes para o frosting de fresas:

        ·        150 gr. manteiga
        ·        150 gr. queixo philadelphia
        ·        200 gr. icing sugar ( ou azucre glass)
        ·        100 gr. Sirope de fresas

Nun recipiente batemos a conciencia a manteiga a temperatura ambiente xunto co icing sugar (eu utilicei azucre glass), ata que quede una textura moi cremosa e totalmente branca. Chegados a ese punto engadimos o queixo philadelphia e seguimos batendo ata conseguir unha crema con consistencia e moi suave. Terminamos incorporando o sirope de fresas, o cal podemos facelo nos na casa ou compralo o resultado será similar, e terminamos batendo ata que queden unha crema de cor rosa e moi brillante.


O seguinte será proceder o montaxe dos cupcakes, comezamos facendo un burato no interior do biscoito pero moito máis pequeño do habitual o cal o enchemos de sirope de fresas para que empape lixeiramente o biscoito dende o interior. Coa axuda dunha manga pasteleira facemos unha roseta na parte superior co frosting de fresas, rematamos con un pouco de sirope e coroamos o cupcake con media fresa.
Como podedes ver nas fotos quedaron fermosos e polo que din inda mellor de sabor.
                                                                                                                  Diego Cordeiro.
 Cupcakes Cookies & Fresas

2 comentarios:

  1. Quedaron preciosos cunha pinta exquisita!!! Seguro que estan boísimos!! Debes de ter a xente que che rodea toda contenta con estas delicias!! ;-) Un biquiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias, faise o que se pode jeje. Vou aprendendo pouco a pouco. Ti si que fas cousas ricas, teñen unha pintaza uhmmmm. Un dia que pase por Vigo levoche unha muestra de cupcakes para que me des a tua opinión. Un bico

      Eliminar