miércoles, 20 de agosto de 2014

Merluza Encostrada en Pipas Sobre Sopa de Espárragos Verdes e Longueiróns do Hio

     Sempre busco darlle un toque diferente ós meus pratos, nesta ocasión optei por empregar pipas para cubrir un lombo de merluza e darlle un toque crocante a un prato, que dende logo sorprende.
     Esta receita foi incluída no libro de receitas “365 días, 365 recetas” no que colaborei con varias receitas.


Ingredientes para 4 persoas:

        ·        800 gr. Merluza/pescada limpa
        ·        50 gr. pipas peladas
        ·        12 longueiróns do Hio
        ·        ½ dente de allo
        ·        3 dl. aceite de oliva
        ·        12 esparragos trigueiros
        ·        1 ceboliña
        ·        Sal e pementa branca

     Cortamos os lombos de merluza, sazonamos lixeiramente e pasamos polas pipas. De seguido dámoslle un golpe de fritura para que as pipas se queden adheridas por completo a merluza, so é marcalo xa que o remataremos logo no forno.
    A parte limpamos os esparragos verdes e separamos as puntas que coceremos para logo decorar o prato. Cos tallos faremos a sopa xunto cun dente de allo e unha ceboliña picadas, que poñemos a dourar nun cazo con un chorriño de aceite de oliva.


       Unha vez dourados lixeiramente cubrimos con auga, rectificamos de sal e deixamos cocer. Unha vez cocidos os tallos pasamos pola túrmix e reservamos.

    Para rematar introducimos a merluza no forno a 185ºC durante 7 minutos e empratamos poñendo a sopa de esparragos trigueiros no fondo, colocamos enriba a merluza e acompañamos coas puntas de esparragos e os longueiróns pasados pola prancha.
                                                                                    Diego Cordeiro.
                                        

No hay comentarios:

Publicar un comentario