jueves, 2 de enero de 2014

POLO CON PIÑA O CURRY


    Na receita desta semana, mesturo varios elementos culinarios de distintos países, como o curry, o wok e a piña. No noso país a piña non pasa de tomarse ó natural ou nalgunha receita de repostería, pero sen dúbida a piña e un bo complemento para a nosa cociña, apórtalle un toque doce, e un sabor e aroma único. Esta receita e moi sinxela, moi económica e rápida de facer.



Ingredientes para 4 persoas:
·        1 kg de peitugas de polo
·        ½  piña fresca
·        1 cebola
·        ½ pemento vermello
·        ½ pemento verde
·        100 gr. champiñóns
·        3 dentes de allo
·        1 culler de curry
·        1 culler de salsa de soia
·        100 ml. de aceite de oliva
·        Perexil
·        Sal e pementa branca

    O primeiro que facemos e cortamos peitugas do polo en cadrados do mesmo tamaño, salpimentamos e reservamos.
    Facemos o mesmo coa cebola, os pementos e os champiñóns que optamos por cortalos en cuartos. Limpamos a piña da codia exterior, retirámoslle o tronco interior e de seguido, repetimos o mesmo corte que no polo e nas verduras, para que todos os ingredientes vaian cortados dunha forma similar e xogar con distintos tipos de texturas a hora de comelas.



     Nun wok, se non tedes nunha tarteira, votámoslle aceite de oliva e cando este ben quente engadímoslle as verduras e salteamos durante un minuto. De seguido engadimos o polo e removemos outro minuto e rematamos coa piña. Baixámoslle o lume a metade e terminamos coa salsa de soia e o curry, dous elementos que lle aportaran forza e aroma o noso polo.

    Deixamos cocer durante uns dez minutos a lume moderado, a piña irá soltando liquido, o que fará que se ligue cos demais ingredientes. 

Bo proveito.                                                                      Diego Cordeiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario