Aproveitando que estamos no Entroido
non quero pasar por alto facer unas orellas, pero con un pequeno matiz na
elaboración, para variar un doce moi típico da nosa terra.
INGREDIENTES:
· 500 gr. fariña
· 3 ovos
· 25 gr. azucre
· 50 ml. Leite
· 50 gr. manteiga
· 10 gr. Royal
· 8 gr. sal
· Raiado dun limón
· Anís
· 200 gr. marmelo
Nun bol poñemos a leite, a sal e os
ovos e mesturamos. Engadimos o azucre, a manteiga derretida, o raiado dun
limón, un chorriño de anís e imos engadindo a fariña pouco a pouco. Amasamos
enerxicamente e reservamos durante uns 15 minutos.
Collemos anacos de masa e estiramos
coa axuda dun rodete. Botamos aceite sobre o mesado para axudar a estirala
masa, non recomendo facelo con fariña xa que o freilas vamos a estragar moito
máis rápido o aceite.
Unha vez estirada a masa o máximo
posible, poñemos no interior un anaco de marmelo e envolvemos selando ben para
que non se abra ó fritilas.
Fritimos en abundante aceite de
xirasol ben quente e douramos polos dous lados. Retiramos a un prato con papel absorbente.
Polvoriñamos con azucre e canela e a gozar
deste bocado doce.
DIEGO CORDEIRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario