jueves, 28 de agosto de 2014

Sorbete de Albariño Sobre Sopa Tibia de Mirabeles

      Hoxe quixen facer un postre de verán pero con un guiño ó emblema da terra que me acolle. O albariño é unha froita de tempada un pouco descoñecida como son os mirabeles. Esta receita está impresa no libro “365 días, 365 recetas” para o cal aportei varias receitas con produtos típicos da nosa terra.

Ingredientes para o sorbete:
         ·        500 ml. de viño Albariño D.O. Rias Baixas
         ·        50 gr. azucre
         ·        25 gr. glucosa
         ·        25 gr. estabilizante para sorbetes
         ·        Reladura de lima


     Quentamos o viño a lume moderado coa glucosa e removemos para que se disolva a glucosa. Engadimos o estabilizante para sorbetes co azucre e a reladura de lima, que lle vai a aportar un toque de frescor. A función do estabilizante para sorbetes é que o sorbete unha vez conxelado non se cristalice e non se separen os ingredientes, xa que, sempre tende a ir para o fondo do recipiente os azucres.
    Retiramos do lume xusto antes de que comece a ferver. Deixamos macerar oito horas no frío e pasamos pola xeadora.

Ingredientes para a sopa de mirabeles:

·        300 gr. de mirabeles
·        75 gr. azucre
·        75 gr. auga
·        2 follas de menta

     Comezamos limpando os mirabeles da carabuña e poñemos nun cazo co resto de ingredientes. Poñemos a lume baixo durante 45 minutos ata que quede unha confitura con consistencia. Pasamos pola túrmix e colamos para retirar os restos e impurezas e quede unha sopa suave de textura.
   Dispoñemos a base da sopa tibia de mirabeles nun prato fondo e enriba dúas culleradas de sorbete de albariño.

     Este é un doce con dúas texturas moi marcadas e diferenciadas, que seguro que vos sorprenderán.
                                                                                         Diego Cordeiro.

miércoles, 20 de agosto de 2014

Merluza Encostrada en Pipas Sobre Sopa de Espárragos Verdes e Longueiróns do Hio

     Sempre busco darlle un toque diferente ós meus pratos, nesta ocasión optei por empregar pipas para cubrir un lombo de merluza e darlle un toque crocante a un prato, que dende logo sorprende.
     Esta receita foi incluída no libro de receitas “365 días, 365 recetas” no que colaborei con varias receitas.


Ingredientes para 4 persoas:

        ·        800 gr. Merluza/pescada limpa
        ·        50 gr. pipas peladas
        ·        12 longueiróns do Hio
        ·        ½ dente de allo
        ·        3 dl. aceite de oliva
        ·        12 esparragos trigueiros
        ·        1 ceboliña
        ·        Sal e pementa branca

     Cortamos os lombos de merluza, sazonamos lixeiramente e pasamos polas pipas. De seguido dámoslle un golpe de fritura para que as pipas se queden adheridas por completo a merluza, so é marcalo xa que o remataremos logo no forno.
    A parte limpamos os esparragos verdes e separamos as puntas que coceremos para logo decorar o prato. Cos tallos faremos a sopa xunto cun dente de allo e unha ceboliña picadas, que poñemos a dourar nun cazo con un chorriño de aceite de oliva.


       Unha vez dourados lixeiramente cubrimos con auga, rectificamos de sal e deixamos cocer. Unha vez cocidos os tallos pasamos pola túrmix e reservamos.

    Para rematar introducimos a merluza no forno a 185ºC durante 7 minutos e empratamos poñendo a sopa de esparragos trigueiros no fondo, colocamos enriba a merluza e acompañamos coas puntas de esparragos e os longueiróns pasados pola prancha.
                                                                                    Diego Cordeiro.
                                        

domingo, 10 de agosto de 2014

Cupcakes de Cookies & Fresas

Dí a xente que os probou que é a mellor receita de cupcakes que fixen ata a data. Que se compaxinaban moi ben os sabores e que o resultado foi delicioso. A verdade é que cando me decidín por facer o frosting de fresas non pensaba que fora a ser así. Espero que vos animedes a facelos, non vos defraudará o resultado.


Ingredientes para os 12 biscoitos de cookies:

        ·        100 gr. manteiga a temperatura ambiente.
        ·        150 gr. de azucre.
        ·        3 ovos
        ·        150 gr. de fariña
        ·        1 culleriña de levedo royal.
        ·        90 ml. de leite.
        ·        Aroma de vainilla
        ·        Un puñado de chips de chocolate.

Poñemos a manteiga e o azucre nun recipiente e batemos a velocidade alta, ata que a mestura se poña branca. Imos engadindo os ovos de un en un a velocidade baixa e engadimos a metade da fariña co levedo ata que sexa homoxéneo.
Despois de engadimos o leite e  rematamos co resto da fariña e chips de chocolate.
            Prequentamos o forno a 180 graos e preparamos as casullas para botar a masa.
            Enchemos ata a metade as casullas e introducimos a bandexa no forno 20 minutos.


Ingredientes para o frosting de fresas:

        ·        150 gr. manteiga
        ·        150 gr. queixo philadelphia
        ·        200 gr. icing sugar ( ou azucre glass)
        ·        100 gr. Sirope de fresas

Nun recipiente batemos a conciencia a manteiga a temperatura ambiente xunto co icing sugar (eu utilicei azucre glass), ata que quede una textura moi cremosa e totalmente branca. Chegados a ese punto engadimos o queixo philadelphia e seguimos batendo ata conseguir unha crema con consistencia e moi suave. Terminamos incorporando o sirope de fresas, o cal podemos facelo nos na casa ou compralo o resultado será similar, e terminamos batendo ata que queden unha crema de cor rosa e moi brillante.


O seguinte será proceder o montaxe dos cupcakes, comezamos facendo un burato no interior do biscoito pero moito máis pequeño do habitual o cal o enchemos de sirope de fresas para que empape lixeiramente o biscoito dende o interior. Coa axuda dunha manga pasteleira facemos unha roseta na parte superior co frosting de fresas, rematamos con un pouco de sirope e coroamos o cupcake con media fresa.
Como podedes ver nas fotos quedaron fermosos e polo que din inda mellor de sabor.
                                                                                                                  Diego Cordeiro.
 Cupcakes Cookies & Fresas

sábado, 2 de agosto de 2014

Cupcakes de Mazá e Mel

Sego a  ampliar o meu receitario de cupcakes, nesta ocasión fixen os biscoitos de mazá reineta, xa que considero que aporta un sabor único e aguanta máis a cocción para calquera receita sexa salgada ou doce. Tamén os reenchín dunha compota da mesma mazá e o frosting  fíxeno con un toque de mel de Viñó, que me deu miña madriña de colleita propia, que ten un sabor incrible. Disque o resultado foi brutal, leveillos como premio do sorteo para María e felicitoume.


Ingredientes para 12 biscoitos:
        ·        150 gr. Manteiga
        ·        120 gr. azucre  moreno
        ·        2 ovos
        ·        200 gr. fariña
        ·        50 ml. Nata
        ·        50 ml. Zume de mazá
        ·        1 culleriña de levedo Royal
        ·        1 mazá reineta

Poñemos a manteiga, previamente apartada do frío para que este branda, nun recipiente xunto co azucre moreno e batemos ata que quede completamente integrados entre si. Engadimos un ovo batemos, incorporamos o outro e seguimos batendo ata que se incorpore e terminamos cos líquidos a nata e máis o zume de mazá e repetimos o mesmo proceso.
Para rematar incorporamos a fariña e o levedo previamente peneiradas a mestura anterior e remexemos con coidado ata que non queden grumos. E xusto antes de introducir nas casullas a mestura engadímoslle a mazá reineta pelada e cortada en anacos pequenos.
Repartimos a mestura en 12 casullas nunha bandexa de forno de cupacakes e introducimos durante 20 minutos a 180 ºC.

Ingredientes para o recheo:
       ·        2 mazás reineta
       ·        100 gr. azucre
       ·        25 gr. manteiga
       ·        ½ culleriña de canela moída

Pelamos as mazás e as cortamos en cadradiños pequenos as poñemos nun cazo o lume xunto coa manteiga e salteamos lixeiramente. De seguido botámoslle o azucre e a canela moída remexemos e deixamos cocer un 25 minutos a lume moderado ata que quede a mazá brandiña.

Ingredientes para o frosting de queixo e mel:
       ·        150 gr. manteiga
       ·        150 gr. queixo philadelphia
       ·        200 gr. icing sugar ( ou azucre glass)
       ·        150 gr. Mel

Nun recipiente batemos a conciencia a manteiga a temperatura ambiente xunto co icing sugar, eu utilicei azucre glass, ata que quede una textura moi cremosa e totalmente branca. Chegados a ese punto engadimos o queixo philadelphia e a mel e seguimos batendo ata conseguir unha crema con consistencia e moi suave.
Agora so queda proceder o montaxe dos cupcakes, comezamos baleirando o centro dos biscoitos coa axuda dun coitelo ou dun descoranozador de mazás. Ese oco é o que vamos a encher coa compota de mazá. E na parte superior cubrimos cunha roseta do frosting de queixo e mel, eu remateinos cun azucre de mazá de cor verde que lle dá un toque de cor.

Espero que vos guste a combinación de sabores que escollín para esta ocasión.
                                                                                     Diego Cordeiro.
 Cupcakes de mazá e mel

jueves, 17 de julio de 2014

Tarta De Queixo Fría Con Cereixas

Unha das tartas máis típicas e de máis popularidade nas nosas casas é tarta de queixo fría. Existen moitas versión e moitas variantes na forma de facelas e eu quería aportar a miña versión e estou seguro que non vos decepcionará.

Ingredientes para a base:
        ·        250 gr. galletas tipo Chiquilin
        ·        125 gr. Manteiga

Machacamos ou trituramos as galletas chiquilin, recomendo esta galletas por que aguntan moi ben a humidade. E mesturamos coa manteiga enpomada e quedaranos una masa uniforme que a poñemos ben extendida no fono de un molde desmondable, refrixeramos.


Ingredientes para crema de queixo:
        ·        250 gr. queixo Philadelphia
        ·        250 gr. queixo Mascarpone
        ·        400 ml. nata
        ·        5 xemas de ovo
        ·        250 gr. Azucre
        ·        10 colas de xelatina
        ·        1 reladura de limón
        ·        400 gr. Cereixas

Nun bol batimolos queixos ata que resulte cremoso.
Noutro bol semimontamos a nata con 75 gr. do azucre.
Aparte montamos a xemas de ovo con 75 gr. azucre, añadimoslle 8 colas de xelatina previamente hidratadas e fundidas nun pouco de licor.
Xuntamos as xemas, o queixo e a nata e mesturamos con coidado ata que queden completamente integrados entre si. Engadimos a reladura de limón e  botamos a crema no molde enriba da base de galletas e refrixeramos.
O seguinte paso e preparar unha confitura de cereixas coa que vamos cubrir a parte superior da tarta. Empezamos cortando a metade as cereixas e quitandolle a carabuña, reservamos a metade de elas. A outra metade a poñemos nun cazo e facemos unha confitura xunto con 150 gr. de azucre, unha vez feita engadimoslle duas colas de xelatina e deixamos atemperar. Co resto das cereixas vamos poñendoas na parte superior da tarta e cubrimos coa confitura. Deixamos refrixerar durante 12 horas.

So queda demoldala tarta e desfrutar dun bocado doce. A confitura podese cambiar o gusto de cada un eu optei por cereixas xa que están en tempada.

                                                                                       Diego Cordeiro.
                                                       
 Tarta de Queixo Fría

sábado, 12 de julio de 2014

Risotto cremoso de torta do Casar con shiitake e polo

 Volvo a decantarme por facer un risotto, un prato que me apaixona polo cremoso que queda. Nesta ocasión empreguei dous ingredientes, seta shiitake e queixo torta do Casar. O queixo torta do Casar é un queixo Estremeño feito con leite de ovella e que se caracteriza por ter unha textura untuosa e un sabor intenso.


Ingredientes para 4 persoas:
        ·        325 gr. de arroz (Arborio).
        ·        200 gr. seta shiitake
        ·        150 gr. peituga de polo
        ·        1 ceboliña.
        ·        1 dente de allo.
        ·        50 cl. de aceite de oliva.
        ·        100 ml. de nata.
        ·        100 gr. queixo Torta do Casar.
        ·        1.5 l. de caldo de polo.
        ·        Sal e pementa.

Nunha tarteira poñemos no fondo un chorro de aceite de oliva e fondeamos un dente de allo xunto con unha cebola picadas fino. Unha vez pochadas engadimos a peituga cortada en dados e as setas shiitake, no meu caso eran pequenas e utiliceinas enteiras. Refogamos ben.


 Incorporamos o arroz e imos mollando progresivamente con un caldo de polo quente e sen deixar de remover para que o arroz se vaia ligando. Facemos este proceso durante 15 minutos con lume baixo. A proporción de caldo para mollar un risotto é por un cazo de arroz, catro de caldo, pero pode variar dependendo do arroz, así que recomendo ser flexible segundo o tipo de arroz.

Para rematar engadimos o queixo e a nata removemos e cocemos dous minutos mais para que se incorporen ben todos sabores entre si, apagamos e recomendo deixar repousar un par de minutos para que este no seu punto óptimo de consumo.
                                                                          Diego Cordeiro.
                                           
 Risotto cremoso de torta do casar con shiitake e polo

lunes, 30 de junio de 2014

Cupcakes de Licor Café


Na procura de novos sabores para incorporalos nas receitas dos cupcakes esta vez probei con algo que nunca falta nunha sobremesa en calquera parte de Galicia, o licor café. Quixen integrar todo o sabor e toda a forza que contén o licor café, polo que non quixen facelos suaves se non serian cupcakes de café. O resultado non vos decepcionará.

Ingredientes para 12 bases:
       ·        115 gr. manteiga
       ·        120 gr. azucre
       ·        3 ovos
       ·        200 gr. fariña
       ·        1 ½  culler de levadura royal
       ·        60 ml. Leite
       ·        60 ml. Licor café

Poñemos nun recipiente a manteiga, co azucre e batemos ata conseguir unha masa cremosa.
Engadimos os ovos, un a un, e removemos. Logo incorporamos a metade da fariña, previamente peneirada, xunto co levedo e mesturamos ata que desfagamos todos os grumos.
Para rematar engadimos o leite e o licor café, removemos e terminamos coa outra metade da fariña.
Repartimos en doce casullas nunha bandexa e introducimola no forno, previamente prequentado a 180ºC, cocemos durante 15 ou 20 minutos.


Ingredientes para a crema:
        ·       200 gr. queixo mascarpone 
        ·       50 ml. Nata
        ·       50 ml. Licor café
        ·       50 gr. azucre

    Poñemos os ingredientes nun recipiente e batemos ata conseguir que teña consistencia. Coa axuda dunha manga pasteleira, decoramos as casullas cunha roseta.

Para decoralas poñemos na parte superior unha guinda que previamente puxemos a macerar en licor café 24 horas antes, para darlle un toque máis intenso e rematamos con un pouco de azucre moreno. 
                                                                             Diego Cordeiro.
                                         
 Cupcakes de licor café